займ срочно

Plan de apoio para o Xeodestino Ría de Muros Noia

0

Bisbarra – A directiva da ARD Ría de Muros Noia que xestiona o Xeodestino reuniuse para determinar as implicacións da desescalada no sector turístico.

A directiva está formada polos alcaldes dos concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son. A reunión estivo precedida de diversos contactos coas autoridades autonómicas, provinciais e as asociación empresariais e turísticas do Xeodestino Ría de Muros Noia, coas que se analizou a situación e se recolleron demandas e solicitudes.

A presidenta do Xeodestino, a alcaldesa de Lousame Teresa Villaverde, anunciou que todos os concellos están a traballar xa en medidas que permitirán a flexibilización das condicións para a instalación de terrazas. Apunta como unha vía de acción preferente a ampliación da superficie das mesmas, cando sexa posible, como medida para contrarrestar o impacto da limitación de aforos que, de xeito xenérico, contempla o plan de desescalada anunciado polo Goberno de España e que establece un limite de aforo do 50% e que entrará en vigor na fase 1 do calendario de desescalada, presumiblemente na segunda quincena de  maio.   

Outra das medidas de apoio ao sector turístico acordado foi a posta a disposición de todos os establecementos, e mesmo dos concellos, dun servizo de asesoramento para a implantación dos manuais de boas prácticas de seguridade que o Instituto para a Calidade Turística de España e a Xunta de Galicia se comprometeron a publicar a mediados do mes que ven. A finalidade desta acción é dobre: por unha banda acompañar aos empresarios e profesionais do turismo e a hostalería para que este proceso de implantación de medidas de seguridade resulte o mais fácil e o menos gravoso posible e, por outra, intentar que a maior cantidade de establecementos do Xeodestino incorporen boas prácticas na protección ante o Coronavirus.

A terceira das medidas acordadas é o lanzamento dunha campaña de comunicación interna no Xeodestino para informar aos veciños e aos visitantes sobre a aplicación de protocolos de seguridade nos establecementos e servizos turísticos, así como nas instalacións públicas, para transmitir unha imaxe de seguridade e confianza. Esta campaña, amais de estar presente no espazo publico se despregará en todos os establecementos que incorporen os protocolos oficiais de seguridade.

Por último, os alcaldes acordaron intensificar as reunións a medida que as noticias e publicacións oficiais aconsellen tomar decisións no eido local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies