займ срочно

Preocupación polos novos brotes de Coronavirus

0

Bisbarra, 19 de agosto do 2020 – Crece a preocupación polo incremento de casos de Coronavirus na área sanitaria Santiago Barbanza cos rebrotes de Melide e Muros.

En Melide hai 7 casos confirmados e controlados desde este luns. 4 dos positivos por Coronavirus déronse nun grupo de amigos menores de 30 anos e os 3 restantes son membros dunha mesma familia.

Hoxe mércores e mañá xoves está previsto facer un screening masivo a mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. As citas chegarán por mensaxe de texto ou chamada telefónica e realizaranse no Centro de Saúde de Melide.

Ordes

En Ordes non hai novos rebrotes pero o concello segue facilitando información regularmente a través da páxina de Facebook. A última de estas informacións, con datos contrastados pola comisión municipal de seguimento, fala de sete persoas en illamento domiciliario consideradas casos positivos. En total o concello tivo 23 positivos desde o inicio da pandemia.

Muros

Séguese tamén con preocupación o caso do cámping de Muros no que, según as últimas informacións do concello, hai cinco positivos. Esta semana realizáronse 69 pcr entre as persoas relacionados directamente con este rebrote e todas foron negativas.

Acatar as medidas

Todas as institucións insisten na necesidade de acatar as medidas sanitarias recomendadas. Uso de mascarilla, distanciamento e limpeza son as principais ferramentas para evitar o contaxio. En caso de dúbidas existe un número gratuíto, 900 400 116, no que informarse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies