Piden no Parlamento o arranxo do Camiño Francés en Melide, Arzúa e O Pino

0

Bisbarra, 9 de decembro do 2019 – O deputado do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclamou a reparación do Camiño Francés ao seu paso polos concellos de Melide, Arzúa e O Pino.

O deputado pediu o arranxo dos tramos do Camiño Frances no primeiro trimestre do ano 2020 e que se mellore a canalización das augas pluviais a través de cunetas ou gabias nos tramos que o precisen. Sumado a isto pediu un maior “control e seguimento das operacións de conservación integral dos Camiños de Santiago”.

Chento alertou do mal estado do pavimento nos Camiños Xacobeos os cales deberían presentar un “óptimo estado” para asegurar a afluencia de peregrinos. Destaca a presenza de “fochancas e bulleiros” no pavimento, sumado á falta de gabias o cal impide a correcta canalización das augas fluviais.

Tamén denunciou a “falla de planificación, seguimento e control” do Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021 por parte da Administración Autonómica. O goberno galego, dixo, incumpre co Plan que contaba con varias liñas estratéxicas de actuación, incluíndo “as operacións de conservación integral dos Camiños de Santiago ao seu paso pola nosa Comunidade Autónoma”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial