займ срочно

O Coronavirus segue poñendo a proba a distintos servizos

0

Bisbarra, 26 de marzo do 2020 – A crise do Coronavirus está poñendo a proba a distintos servizos que viñamos usando sen pensar si o facían de xeito adecuado.

As queixas por falta de material, por non ser o adecuado ou a necesidade de desinfectar locais de todo tipo deixan unha constante serie de queixas dos que están día a día traballando.

O Coronavirus segue poñendo a proba a distintos servizos

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay

Touro e o SAF

A Marea Veciñal de Touro alerta do grave risco que supón a falta de medidas de protección para os usuarios e traballadoras do SAF, o servizo de axuda no fogar.

As traballadoras só recibiron tres ducias de mascarillas e varias caixas de luvas facilitadas pola FEGAMP (a empresa concesionaria, ATENDO, non foi quen de facilitar ningún).

A marea veciñal denuncia que o material non chega nin para tres días, e aínda así apuntan igualmente á ineficacia deste material ó non contar con batas de protección. A situación é de tal precariedade que son as propias traballadoras as que teñen que fabricarse as súas mascarillas de tea e lavar outras que puideron mercar antes de que se esgotaran nas tendas

061

O sindicato CIG transmite tamén as queixas do persoal que atende as chamadas ao 061 eo ao número especial habilitado polo Coronavirus, 900 400 116.

O servizo é tamén unha concesión a unha empresa externa, o grupo Norte. Os traballadores denuncian a falta de material de protección laboral ante a pandemia; que se está a tardar en repoñer os botes antisépticos de mans e que as máscaras de protección non están chegando á totalidade do cadro de persoal. Esixen medidas de protección para evitar posibles casos que puideran comprometer o funcionamento dun servizo como este, imprescindible para a cidadanía.

Ao mesmo tempo explican que están a limpar os postos de traballo, cando sae algún dos traballadores e nos cambios de quenda, pero que existe unha escaseza de limpeza nas escaleiras do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, nos espazos comúns e nos lavabos do edificio.

Policía Nacional e Garda Civil

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada de Gardas Civís ( AEGC) denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social as graves carencias en medios de protección que sofren estes corpos.

A medida tómase pola falta de máscaras, luvas, xeles desinfectantes ou lentes ou que se impide que utilicen aqueles obtidos pola súa conta. Buscan que un organismo oficial acredite esa exposición de alto risco e que esixa á Administración as medidas para evitar transmisións do virus.

Esta iniciativa non vai ser a única que adopten ambas as Organizacións, debido a que xa se iniciaron os trámites para interpoñer unha demanda en sede xudicial, no ámbito social, esixindo que se ordene a compra e distribución efectiva e real de equipamentos de protección que eviten que os axentes e as súas familias, como colectivo de alto risco, estean expostos a un contaxio sen as necesarias medidas  profilácticas.

Gasolineiras

A Federación Galega de Estacións de Servizo ( FEGAES) , entidade conformada pola máis de 300 gasolineiras en Galicia recomendou aos seus socios a aplicación de todas as medidas de seguridade, tanto para os seus traballadores como para os clientes desde a declaración do Estado de alerta decretado polo Goberno.

Os empresarios están agora preocupados pola limpeza e desinfección dos aseos das gasolineiras que deben permanecer dispoñibles para que poidan ser utilizados polos transportistas e outros servizos esenciais.

Neste sentido a Confederación Española de Empresarios de Estacións de Servizo ( CEEES), da cal forma parte a Federación galega,  transmitiu á área de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade a necesidade de que esta limpeza sexa realizada polas forzas da Unidade Militar de Emerxencias ( UME).

Unha sociedade a proba

Son exemplos que se suman as queixas dos sanitarios e dos servizos sociais. A crise do Coronavirus está poñendo a proba a modelo de sociedade e pon enriba da mesa cales teñen que ser as prioridades cando todo remate.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies