V Camiño da Diversidade

0

Bisbarra, 9 de outubro do 2019 – O próximo sábado celebrarase o V Camiño da Diversidade que partira do Santuario da Escravitude, en Padrón, e chegará a Santiago co fin de visibilizar o traballo da Fundación Indaga.

O V Camiño da Diversidade partirá as dez da mañá e percorrerá parte do Camiño Portugués ata o Obradoiro. Conta coa colaboración dos concellos de Padrón, Ames e Santiago e está organizada pola Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados)

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ames, Luísa Feijóo; a concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, Mila Castro; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira; e Claudia Balado, psicóloga da Fundación forn os encargados de realizar onte a presentación aos medios de comunicación.

V Camiño da DiversidadeA ruta terá a súa principal parada no Milladoiro (Ames), onde os/as camiñantes comerán algo e participarán en diversas actividades, coma a construción dun “mural de soños”. Ao longo do percorrido haberá outras accións, como xogos populares ou unha actividade de recoñecemento de flora e fauna, tal como explicou Claudia Balado, quen anunciou varias sorpresas.

Tras 19 quilómetros, o Camiño da Diversidade rematará na praza do Obradoiro, onde se lerá o Manifesto da Diversidade.

Hoxe mércores aínda está aberta a inscrición para participar nesta ruta e xa hai unhas 300 persoas confirmadas, procedentes de diferentes partes de Galicia. Os/as participantes que acudan en autobús ata a Escravitude pagarán 10 euros, que inclúen o transporte e o seguro. Os/as que acudan pola súa conta teñen a inscrición de balde.

Ingada

O Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Fundación Ingada) xorde no 2014 co fin de proporcionar asistencia integral en Galicia ás persoas afectadas polo TDAH e/ou trastornos asociados e as súas familias, dada a alta prevalencia destas patoloxías na nosa sociedade e as deficiencias existentes para a súa atención en tódalas áreas necesarias (educativa, social, clínica, familiar, laboral). A Fundación está formada por un equipo multidisciplinar que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias.
Ofrece soporte docente, terapéutico, comunitaria, educativo, divulgativo, sensibilizador… Neste marco, o V Camiño da Diversidade formúlase cunha actividade educativa e de ocio para potenciar valores como a solidariedade, o compañeirismo ou a vida saudable. A Fundación quere así sensibilizar á cidadanía sobre o respecto á diversidade de cada un/unha, sen exclusións, e fomentar a integración e o desenvolvemento digno de todas as persoas. Este proxecto é beneficiario do programa autonómico “O teu Xacobeo 2021”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial