“Non é o mesmo” e “axúdoche” redes para tempos distintos

0

Bisbarra, 24 de marzo do 2020 – En tempos como os que vivimos as redes de colaboración cobran máis sentido que nunca e hoxe falamos de dúas que se complementan.

“Non é o mesmo” leva tempo funcionando e crecendo e “axúdoche” estaba a piques de presentarse en sociedade, ambas as dúas redes demostran na crise actual que outro modelo de sociedade é posible.

"Non é o mesmo" e "axúdoche" redes para tempos distintos

Imagen de Shutterbug75 en Pixabay 

Xosé Manuel Durán é presidente da asociación veciñal Raigame, do ensanche de Compostela. Ao mesmo tempo é propietario dunha tenda de produtos ecolóxicos que xunto con outras da comarca iniciou a rede “Non é o mesmo”, un xeito de promover o comercio local por medio dun compromiso co cliente como el mesmo nos explica

Un compromiso coa sociedade e co medio ambiente no que están involucrados, desde hai un ano, comercios de todo tipo

Tedes máis información sobre o proxecto na web noneomesmo.org e tamén sobre os que a integran na actualidade no seguinte enlace .

Axúdoche, colaboración de barrio

Ao mesmo tempo que Non é o mesmo ía crecendo a Asociación Raigame traballaba nunha idea para axudar aos maiores do ensanche compostelá. A idea é sinxela pero na situación actual convértese en algo que pode cambiar a vida das persoas. Voluntarios que axudan a xente maior que vive soa ou con problemas de mobilidade facéndolles os recados. Os voluntarios colocan un cartaz ofrecendo a axuda, creado por Raigame e que se pode descargar desde a súa web, que pegan na súa contorna (o portal, a farmacia, etc), nunca máis alá de cen metros. Si reciben unha petición doutra zona a través do grupo preguntan quen, que estea máis cerca, pode atendela.

Coa crise do Coronavirus “Axúdoche” decidiu comezar antes a funcionar e ao mesmo tempo colaborar con “Non é o mesmo” tal e como nos explica Xosé Manuel

A idea está funcionando moi ben e xa hai voluntarios en toda a contorna. O grupo conta ademais con asesoramento de expertos que están tamén implicados na idea

Dada a situación actual o proxecto ten un protocolo de mínimos, mínimo contacto e mínimo desprazamento

En 1991 Os Resentidos publicaban “Estamos en guerra pero hai que reflexionar” que levaba como imaxe unha vaca con pel de camuflaxe. 29 anos despois seguimos tendo que reflexionar oque non di nada bo de nos como sociedade. Para rematar pedímoslle a Xosé Manuel que nos dea a súa visión do que está a suceder e de que deberíamos aprender de todo esto

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial