Reclaman un plan de reforzo de persoal das residencias de maiores

0

Bisbarra, 13 de xullo do 2020 – A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias e Dependencia piden máis persoal para poder visitar aos seus.

 A rede denuncia a situación das residencias de maiores catro meses despois do comezo da crise sanitaria. Explican que os atrancos para acceder aos centros, desde que en maio se retomaran as visitas, van en aumento e que a información ao respecto e escasa.

Máis traballo, mesmo persoal

Os familiares consideran que a situación empeorou en este tempo, coa volta a normalidade o traballo é maior pero o persoal segue a ser o mesmo e ” as direccións restrinxen e incluso obstaculizan as visitas de familiares para limitar a carga de traballo”

Din tamén que “os reducidos equipos médicos limitaron as visitas a residentes, e non se está a avaliar o estado de saúde de aqueles que pasaron la enfermidade nin dos que permaneceron illados nos centros durante a pandemia”.

Piden a Xunta de Galicia un “plan de choque urxente de reforzo inmediato tanto do persoal das residencias de maiores como do persoal de Atención Primaria, xa que non hai outra posibilidade de que os maiores reciban os coidados que precisan na situación actual”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial