Sanidade fará 3.000 test en Ames que ven de confirmar 48 positivos por Covid

0

Bisbarra, 28 de setembro do 2020 – O concello de Ames ven de confirmar, tras insistir na Consellería de Sanidade para que se deran cifras oficiais, que ten un número de 48 positivos por Covid no municipio.

Desde o goberno local de Ames non se considera unha cifra elevada tendo en conta que a poboación supera os 30.000 habitantes. No comunicado emitido na fin de semana se aclara que  ” as restricións do núcleo urbano do Milladoiro non veñen impostas por un elevado número de contaxios por Covid, senón pola existencia dun gromo orixinado nun evento familiar cun difícil seguimento, ao tratarse de persoas asintomáticas ou con síntomas leves”. O número de positivos dado corresponde a todo o concello sen que se precise a ubicación dos mesmos.

3.000 test esta semana

O goberno municipal trasladou á Consellería de Sanidade a importancia de localizar os casos asintomáticos no concello de Ames. Como resposta, a Consellería realizará esta semana un cribado masivo de 3.000 mostras entre a poboación do concello, co obxectivo de frear a posible transmisión do Covid e intentar localizar posibles casos asintomáticos.

obras centro saúde Milladoiro

Obras do que será o novo centro de saúde do Milladoiro

O concello fai unha chamada á tranquilidade e á responsabilidade da cidadanía.  Lembranm asi mesmo que “a  mobilidade laboral e social entre O Milladoiro ou Bertamiráns e a capital galega, xunto co inicio do curso escolar e universitario, son factores que incrementan notablemente os contactos e, en consecuencia, as medidas de precaución deben incrementarse”.

Escolares confinados na Baña

Na Baña atopa unha nova preocupación no Colexio público cando conseguía controlar os gromos en familias. As dúas aulas de sexto de primaria foron confinadas nas súas casas tras detectarse un positivo por Covid.

O colexio traballa xa para volver ás clases virtuais e lembra aos pais que deben avisar se algún neno presenta síntomas. Na bisbarra son 18 os centros, de todos os niveis, os que teñen confirmados casos de Covid.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuidos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Sen grandes cambios no resto da bisbarra

O resto dos concellos mantéñense estables ou melloran os datos de incidencia da enfermidade. No Deza, unha das áreas con máis contaxios na última semana, os concellos dan boas novas e A Estrada quédase tan só con 6 positivos; Silleda se mantén nos 20, chegou aos 25, aínda que un dos afectados está na UCI do Clínico; Lalín pola súa banda segue por riba dos corenta pero non vai a máis.

Na Barcala Negreira quédase en 12 positivos e A Baña en 2. Na outra parte da bisbarra Ordes confirma 11 positivos e Frades segue con un só veciños afectado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial