займ срочно

Preocupación en Silleda que chega aos 29 positivos por Coronavirus (15/09/2020)

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2020 – A preocupación na vila de Lalín tras as restricións de Sanidade esténdese a Silleda que informa do crecemento da pandemia que chega a 29 casos positivos por Coronavirus.

O goberno municipal de Silleda ven de tomar a decisión de suspender o programa cultural e o peche dos parques infantís, como primeiras medidas de prevención, despois de que na  fin de semana confirmáranse 9 novos positivos.

Tampouco se autorizará o uso dos centros sociais no rural, nos que ata o de agora se estaban a rexistrar solicitudes de uso incluíndo declaracións responsables. A día de hoxe continúan tamén pechadas ao público instalacións como a Casa da Xuventude e os recintos deportivos.

o Concello de Silleda está tamén á espera das decisións e protocolos que se adopten dende as federacións para decidir que facer coas escolas deportivas.

Pola súa banda Lalín ten 55 positivos activos. O concello decidía onte crear unha unidade que se dedicará en exclusiva a desinfección dos colexios. por outra banda Policía Local e Emerxencias coordinaranse para regular as entradas aos centros educativos do casco urbano e evitar aglomeracións.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Bisbarra

Os principais concellos da bisbarra manteñen a tendencia descendente de número de positivos por Coronavirus. Teo informa ademais de que as dúas traballadoras das escolas municipais que estaban en corentena preventiva, por ter relación con algunha persoa positiva por Covid,  están traballando con normalidade nos seus postos. Despois de realizarlle a proba a elas e dar negativo dende saúde pública estableceuse a volta ao seu traballo. Á vista desta situación, nesta ocasión, non houbo que tomar máis medidas preventivas que as xerais nas escolas infantís municipais.

Melide baixa ata os 12 o número de contaxiados e Ordes sitúase nos 15. Por riba diso está Negreira con 21 casos o que é sen duda un bo resultado xa que hai unha semana situábase en 27.  A Baña pola súa banda espera que nos próximos días a concelleira de Cultura poda ser dada de alta e que o día 21 o alcalde remate co confinamento; mentres os últimos datos dos que dispoñemos son de 13 positivos no concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies