O Camiño fórmase en seguridade sanitaria

0

Bisbarra, 4 de xuño do 2020 – A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición das novas accións formativas gratuítas en materia de seguridade sanitaria pensando nos Camiños de Santiago.

Serán 500 prazas de teleformación en seguridade sanitaria destinadas aos albergues do Camiño de Santiago que se enmarcan no programa Galicia destino seguro: Unha iniciativa que trata de formar aos profesionais do turismo e favorecer a súa adaptación á nova realidade.

Están programados cinco webinarios nos que se achegarán medidas hixiénico-sanitarias para a reactivación destes establecementos ante a covid-19. As accións comezarán o vindeiro 9 de xuño e o prazo de inscrición está aberto en www.turismo.gal/galiciadestinoseguro

O Camiño fórmase en seguridade sanitaria

Imaxe de Alexandra_Koch en Pixabay 

A mediados de mes os da bisbarra

A primeira das accións celebrarase o martes 9 de xuño cun webinario especialmente dirixido aos albergues da provincia de Lugo. A seguinte data será o 12 de xuño, tamén para os albergues desta provincia. Para os situados na provincia da Coruña están previstas dúas datas: o 16 e o 18 de xuño. Finalmente, para os establecementos das provincias de Pontevedra e Ourense o webinario celebrarase o venres 20 de xuño.

En todos os casos cada webinario terá unha hora de duración e dará comezo ás 11,00 horas. A participación e gratuíta e o prazo está aberto no apartado de formación da páxina web www.turismo.gal/galiciadestinoseguro. O aforo máximo de cada unha destas accións formativas é de 100 prazas, por rigorosa orde de inscrición. Ademais, unha vez rematado o webinario durante 15 días, porase a disposición dos albergues un servizo de asistencia online, onde se dará resposta ás dúbidas específicas de aplicación de ditas medidas hixiénicas sanitarias.

Para guías profesionais e cámpings

Xunto á formación para albergues, tamén se vén de abrir o prazo para a participación en cursos formativos sobre medidas para redución de riscos hixiénico-sanitarios no contexto da covid-19 tanto para cámpings como para guías profesionais de turismo.

No caso dos guías profesionais as datas son o 12 e 13 de xuño, con 250 prazas para cada un dos días e con inscrición gratuíta por orde de inscrición. Os profesionais vinculados cos cámpings teñen tamén pechada a data, neste caso do 11 de xuño, para recibir esta formación gratuíta e voluntaria. En todos os casos o prazo tamén está aberto no apartado de formación de www.turismo.gal/galiciadestinoseguro. Está previsto que durante o mes de xuño se programen novas accións formativas sectorializadas para outros campos do turismo que serán publicitadas na mesma páxina web.

Ademais das actuacións recollidas neste plan de formación, o programa Galicia destino seguro complétase con medidas de asesoramento e apoio económico ás empresas turísticas galegas para a súa adecuación ao contexto actual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial