займ срочно

Reclaman que se lle fagan test a todos os traballadores de ambulancias

0

Bisbarra, 20 de abril do 2020 – A FGAMT-CIG pide que se fagan test a todos os traballadores de ambulancias xa que  este persoal tamén estivo utilizando as máscaras que o Ministerio retirou por defectuosas.

Os sindicato explica que se trata de evitar a expansión dos contaxios  e medir o alcance da enfermidade entre o colectivo laboral. A petición reviste máis urxencia logo da retirada das máscaras 95 Garry Galaxy, que estivo empregando o persoal sanitario incluído o de ambulancias.

O responsábel da CIG-Transportes, Xesús Pastoriza,  engade que o venres a Xunta procedeu a retirar e a cambiar estas máscaras por outras novas, “pero isto non evita o posíbel contaxio do persoal de ambulancias que estivo traballando con elas durante días crendo que estaba protexido, nin o das persoas que tiveron contacto con estes traballadores e traballadoras”.

A CIG pide que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda, máxime cando dende a propia Xunta acaban de anunciar publicamente que se realizarán 100.000 test de Covid19 entre a poboación galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies