Os traballadores de ambulancias reclaman probas de Covid19

0

Bisbarra, 11 de maio do 2020 – Traballadores de ambulancias de toda Galicia reclamaron, con concentracións diante das súas bases, que se lles fagan probas de Covid19.

O persoal do sector das ambulancias pediron tamén a dimisión do Conselleiro de Sanidade xa que consideran que está “incribelmente desaparecido nesta situación de emerxencia sanitaria”.

As ambulancias levaron a reclamación ao xulgado

Ademais das mobilizacións,  o sindicato CIG presentou demandas no xulgados do Social pedindo medidas cautelares para que, de xeito urxente, se obrigue á Xunta a realizar estes test.

Nestas accións de protesta os traballadores e traballadoras mobilizáronse de xeito simbólico nas bases portando carteis reivindicativos para pedir que se lles recoñeza como persoal sanitario, que se lle fagan xa probas válidas, ou reclamando máis medidas de protección para garantir a súa seguridade e a dos/as pacientes que trasladan.

Hai xa tres semanas, a Consellaría de Sanidade comunicou que se ían realizar probas da Covid19 a todos os traballadores deste sector, tanto do transporte urxente como do programado, para evitar a expansión dos contaxios e comprobar a incidencia da enfermidade entre o persoal do sector.

Lalín

“Non obstante, até o día de hoxe só se fixeron probas nas áreas da Coruña e Vigo, onde ademais tiveron que repetilas polas deficiencias dos test.  A última hora de onte (xoves pasado) informáronos de que ían comezan na zona da Mariña lucense, pero do resto do país non se sabe nada. E iso que a pasada semana o SERGAS mandou un escrito asegurando que empezaba coas probas de dobre banda”, explica o responsábel de Transportes da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza.

Ordes

O sindicalista critica que “esta é outra mentira da Xunta” na xestión da crise sanitaria, polo que a CIG acordou presentar demandas nos xulgados do Social con petición de medidas cautelares para que de inmediato se realicen estas probas. Neste senso, sinala que os tribunais superiores de varias autonomías (como País Vasco ou Cataluña) xa ordenaron medidas cautelares por demandas similares, obrigando a realizar as probas do Coronavirus a todo o persoal das ambulancias.

Sobre a calidade das probas, Pastoriza aclara que “non son as que nós pedimos, pero son mellores que as que se lle están a facer a poboación para o estudio epidemiolóxico”. A CIG demanda que se fagan dous tipos de probas: ELISA (que detecta anticorpos) e PCR (que detecta o virus) “de maneira que así  estaría controlado todo o calendario”.

A Estrada

As traballadoras e os traballadores de ambulancias lembran que, aínda que a Xunta non os recoñece como persoal sanitario, son a primeira liña de batalla no coronavirus porque “as e os pacientes non veñen só aos hospitais, senón que somos nós quen os imos buscar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial