O GDR Tambre Ulla Mandeo presenta Camiños da auga

0

Bisbarra, 19 de xuño do 2020 – O Grupo de desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo ven de presentar a proposta turística Camiños da auga.

O GDR Ulla Tambre Mandeo acolle aos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro y Vilasantar que presentan esta proposta baseada na natureza.

O GDR Tambre Ulla Mandeo presenta Camiños da augaAuga e terra

Un encoro, unha lagoa Reserva da Biosfera, dous ríos e os seus afluentes, sete espectaculares fervenzas, once roteiros de sendeirismo homologadas, cinco variantes do Camiño de Santiago, máis de 1.200 prazas de aloxamento na natureza, exemplos únicos do  románico e unha excelente gastronomía de proximidade. Son algúns dos atractivos que ofrecen as Terras  do Ulla e  do Tambre, territorio localizado na confluencia das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, e que o  GDR Ulla Tambre Mandeo está a dar a coñecer na campaña  Camiños de  Auga, orientada a promover o turismo de natureza nos nove municipios que o integran.

Dirixida ao público galego e do norte de Portugal, esta campaña desenvólvese principalmente no campo dixital desde as redes sociais de  Camiños de  Auga e, en concreto, nas súas páxinas en Facebook e Instagram.

O GDR Tambre Ulla Mandeo presenta Camiños da augaA iniciativa compleméntase cun vídeo promocional no que se destacan os principais valores do territorio, mar interior, baños de bosque, reserva da  biosfera, gastronomía, contorna segura, e reforzarase con nove pezas audiovisuais de dez segundos para difundir nas redes sociais.

 

Reencontrarse coa natureza nunha contorna segura é un dos principais reclamos de  Camiños de  Auga. Polas Terras  do Ulla e  do Tambre discorren as augas do río Ulla e son berce dos ríos Tambre e o Mandeo. Deixan verdes paisaxes, espectaculares fervenzas, áreas recreativas e zonas de baño, ademais da Lagoa de Sobrado dos Monxes, unha das principais zonas húmidas de Galicia, e o encoro de Portodemouros. Sen esquecer que a Serra  do  Caréon, incluída na Rede Natura, esconde especies  endémicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial