A bisbarra únese ao Caldo de Gloria da Fundación Rosalía

0

Bisbarra, 13 de febreiro do 2018 – A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha un ano máis a iniciativa Caldo de Gloria á que, polo de agora, xa se sumaron Teo, Ames, Brión, Compostela e o propio Padrón. Terá lugar o próximo día 24 , no que se cumpren os 181 anos do nacemento da autora.

Caldo de Gloria nace do poema  “Miña casiña, meu lar” do libro Follas Novas no que a poeta explica como unha muller pobre relata a súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller, que vén de Santiago a Padrón, e chega á casa mollada e esfameada, pero consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

A iniciativa pide aos hostaleiros que se sumen facendo un Caldo de Gloria, anunciándoo con carteis ademais da páxina Rosalia.gal, e lendo un poema de Rosalía o día 24. Pero cada concello pode tamén engadir actividades como o caso de Teo que dará o caldo a tódolos escolares o venres 23 e recibirá aos alumnos cunha Alborada de Gloria na honra da autora. Rosalía sitúa un poema que titula Alborada no remate do seu libro Cantares gallegos, poema para o que, segundo a autora, compón unha letra para unha música.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies