займ срочно

Touro

Bisbarra, 27 de novembro do 2017 – A bisbarra de Compostela berrou contra a violencia de xénero de distintos xeitos, con distintos actos, pero con toda a forza.

Ames abriu paraugas en contra da violencia de xénero. O venres a unha da tarde, diante da casa do concello, cerca dun cento de persoas escoitaron o comunicado conxunto dos grupos municipais e a continuación abriron paugar co lema Ames contra a violencia.

Lousame

Lousame centrou un dos seus actos na mocidade. Os rapaces de ESO do Cernadas de Castro centraron as actividades en contra da Violencia de Xénero e pola eliminación dos roles machistas da sociedade.

Melide optou pola maxia. Tres colexios do concello acudiron a Casa da Cultura para disfrutar dun espectáculo e concienciarse en contra da violencia.

Oroso sumouse a campaña En Negro contra as violencias e a practica totalidade dos comercios do núcleo de Sigüeiro decoraron os escaparates en contra da violencia de xénero.

Oroso

O concello de Rois optou polo teatro. En clave de humor a obra A miña casiña o meu lar reflectiu a stuación de violencia de xénero que pode vivir unha muller. A obra foi posta en escea pola compañía Lisistrata baixo a dirección e interpretación de Ana Hermida.

Touro organizou distintas actividades pero este ano, o departamento de servizos sociais, engadiu unha xornada cos participantes do obradoiro de emprego Ulla-Tambre I. A educadora social Patricia Fernández e a directora do CIM Cristina Carbajales estiveron cos alumnos e realizaron distintos actos e torno a violencia de xénero.

Vedra

En Vedra decidiron camiñar. A Asociación Berenguela pola Igualdade organizou a súa primeira Andaina polo Bo Trato, con máis de 250  persoas inscritas nesta iniciativa en positivo para conmemorar a Xornada pola non violencia de xénero.

Xunto a todos estes concellos outro moitos, Teo, Brión, Compostela, Ordes… organizaron actos e mostraron a súa repulsa a violencia de xénero. Unhas campañas que se centran arredor do 25 de novembro pero que todos debemos ter en conta os 365 días do ano.

Ames

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies