Volven os mercados á bisbarra

0

Bisbarra, 12 de maio do 2020 – Algúns dos concellos preparan xa a apertura de mercados nas próximas datas aínda que só con produtos alimentarios.

Despois de que este domingo volvera o mercado ao Espolón de Padrón, só con produtos de campo, Compostela, Melide, Silleda ou Teo preparan as próximas citas.

Compostela abre o Lusco e Fusco

Compostela autorizou ao mercado de Lusco e Fusco, que se coloca en Belvís de 17 h. a 21h, a retomar a actividade. Tal como explicaban onte os organizadores na páxina de Facebook esta tarde volven ao parque. O alcalde explicaba, por outra banda, que o de Salgueiriños non abrirá e o de gando estase decidindo que facer

Volven os mercados á bisbarra

Imaxe Mercado Lusco e Fusco

Mercado na Bandeira

Silleda retoma o vindeiro xoves a feira da Bandeira na que só se autorizará a colocación de postos de venda de produtos alimentarios e de plantos vexetais. O entorno do mercado contará con espazo suficiente para estes postos, que se colocarán gardando as debidas distancias entre eles e seguindo as indicacións da Policía Local, que vixiará a instalación dos mesmos.

Teo e Melide na fin de semana

O mercado de produtos agrícolas de Teo, na praza dos Tilos, poderá tamén abrir o próximo sábado ao dedicarse só a produtos de alimentación.

Melide pola súa banda ten a previsión de abrir o mercado dominical de venda directa de produtos agrarios o domingo 17 de maio. O concello informa de que só poderían poñer postos os que sexan titulares de explotacións agrarias, parentes de primeiro grao ou empregados/as das explotacións.

Volven os mercados á bisbarra

Mercado dos Tilos en Teo

As persoas que queiran facer a venda directa e cumpran cos requisitos teñen que chamar ao Concello de Melide para inscribirse no número 981505003 en horario de 9:00 da mañá ata as 14:00 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial