Xunta e Universidade de Santiago analizarán o impacto do Coronavirus no Camiño

0

Bisbarra, 29 de abril do 2020 – A Xunta de Galicia analizará o impacto da actual crise sanitaria no Camiño en colaboración coa Universidade de Santiago a través dun estudo a cargo do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega).

Os resultados de este informe sobre o Camiño e as conclusións dun grupo de expertos permitirán adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario post Covid-19.

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse por videoconferencia con representantes de asociacións de amigos do Camiño de Santiago de ámbito internacional, na que estivo acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Isaías Calvo. Os colectivos participantes proceden dunha quincena de países dos cinco continentes.

Rodríguez quixo coñecer as súas achegas, como xa fixera nas últimas semanas coas asociacións de ámbito galego e estatal, co fin de telas en conta e incorporalas ás medidas necesarias para a volta á normalidade da Ruta Xacobea. Estas ideas serán tamén compartidas co Goberno e co resto de comunidades autónomas no marco do Consejo Jacobeo que se celebrará o próximo luns. A este respecto, o conselleiro agradeceu que se atendera a petición de Galicia, que solicitou a convocatoria extraordinaria deste órgano co fin de poder traballar de maneira conxunta coas autonomías polas que discorre o Camiño.

Xunta e Universidade de Santiago analizarán o impacto do Coronavirus no Camiño“O interese polo Camiño segue latente en milleiros de peregrinos”, subliñou o conselleiro, quen destacou a responsabilidade de traballar xuntos para facer do Xacobeo 2021 un elemento de reactivación nos sectores turístico e cultural e, por extensión, no resto da economía dos lugares que atravesa, na maior parte dos casos do ámbito rural.

Desgravacións fiscais ata 2022

Neste mesmo marco, Román Rodríguez solicitou a implicación por parte do Goberno central nesta celebración e reiterou a importancia de que se atendan demandas como a extensión das desgravacións fiscais ata o ano 2022 co obxectivo de estimular as achegas privadas e captar máis recursos para o desenvolvemento de proxectos culturais e turísticos.

Tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, o estudo en colaboración coa USC súmase ao grupo de expertos multidisciplinar, composto por unha ampla presencia de  representantes de todos os colectivos implicados, como as propias asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local, ademais de especialistas do eido económico e profesionais dos sectores cultural e turístico da Comunidade, entre outros. Tamén estes colectivos xacobeos internacionais formarán parte deste grupo, en concreto a través da representante en España de American Pilgrims on the Camino.

Asociacións representadas

No encontro participaron representantes da Confraternity of Saint James de Londres, a American Pilgrims on the Camino, a Australian Friends of the Camino, a Canadian Company of Pilgrims, a Nederlands Genootschap van Saint Jacob, a Association Belge des Amis de Saint Jacques de Compostelle, a Deusche St Jakobus Geselleschaft, a Associaçao Espaço Jacobeus, en Portugal, a Confraternita di San Giacomo di Perugia, en Italia, o Centre d’Etudes Compostellanes. Association Francaise des Amis de Saint Jacques de Compostelle, a Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela, a Asociación Coreana de los Amigos del Camino de Santiago en Madrid, a Asociación de Amigos del Camino en Japón, a Jeju Olle Fundation, a Confraternity of St James South Africa e a Associacao Brasileira dos Amigos do Caminho de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial