займ срочно

Mandingo. Cinéfago voraz e compulsivo cunha clara mellora nas súas relacións sociais. Unánimente recoñecido “polo tipo que ninguén quere escoitar falando de cine”, criouse sen avoa. Se vostede atopa con él, protexa o seu peto ou saia correndo.

Blade Runner 2049 (2017) de Denis Villeneuve – Dende que vai xa un ano longo, que se soubera a conformidade de tódalas partes implicadas para rodar a secuela de Blade Runner (1982) de Ridley Scott, moita, moita, moita xente estivo contando os días para que chegara o 6 de outubro de 2017.

O reto era sen dúbida maior, xa que mellorar a historia orixinal parecía un imposible. E é certo; non o consigue, pero o bo desta nova singradura e que tampouco o pretende.

Estamos no ano 2049. Trinta anos despois dos sucesos ocurridos no primeiro filme.  Ó marxe das diferentes montaxes e finais que tivo ó título, Deckard, o noso heroe,  fuxe con Rachel, lembremos. Pois ben, as cousas para o planeta non melloraron. Todo o contrario. A megalópoli de Los Angeles é un océano de ferro, rañaceos (maravillosas as “maxituras” da compañía WETA) e polución, convertendo a urbe de San Diego nun inmenso vertedoiro (que lembra moito o mundo da pixeriana WALL-E). Ese é un dos maiores logros do filme. A sobresaínte dirección de arte na que destaca Paul Inglis e Tibor Lázár honra toda a estética neo-punk da súa predecesora asoballada polos cataclismos dun cambio climático demoledor. Xa poucos humanos quedan nunha Terra infestada por os novos nexus (idea recollida da novela de Phillip K. Dick Do Androids Dream of Electric Sheep?). Un deles, o axente K (Ryan Gosling), blade runner para máis sinais, caza conxéneres antigos, os nexus 8, sen data de caducidade e con ansias de ser máis humanos cos propios humanos. Apenas quedan xa, pero foron testemuña vinteoito anos atrás dun milagre y por iso teñen fe. Fe en poder ter alma, algún día.

Do resultado dese feito, son coñecedores tamén Niander Wallace (Jared Leto), salvador da Humanidade por producir comida artificial eliminando a hambruna planetaria e a Tenente de policía Joshi (Robin Wright). O primeiro, dono da Tyrell Corp. e creador de millóns de replicantes para realizares os traballos que os humanos non queren facer. Protoempresario global, Deus e Señor (“só estamos presentes en nove planetas, cando temos todo o Universo para nós”). Unha xoia megalómana. A segunda, cunha obsesión de manter no aire o endeble castelo de naipes (“o noso traballo e manter o muro que garantiza a orde”) no que se converteu a cidade. Os dous queren o mesmo sen importalo custo. E deciden que o axente K, é o mellor recurso para conseguires os seus propósitos. O que non esperan e que K, tamén ten ideas propias. E por ahí vanse torcer as cousas.

O noso protagonista, o inxepresivo Carapeixe Gosling, mantén unha idílica relación con Joi, unha Intelixencia Artificial (acertado rol da moi fotoxénica Ana de Armas), que antóxase coma un achado argumental que pedía incluso máis desenrolo narrativo, pero que no obstante é un acerto na historia que escribe Hampton Fancher e que guioniza o propio escritor xunto a Michael Green. Fago outra obrigada parada, para loar o traballo feito polos plumillas. Non quero caer en spoilers, pero dende o principio, saben o rumbo que deben tomar para conseguires que o buque chegue a bo porto. Non hai trucos, nin xiros innecesarios, nin sorpresas de derradeira hora. Todo encaixa ben. Non é perfecta, dacordo (sorprende a impunidade do brazo executor de Wallace, ou a facilidade coa que un entra nas casas dos demáis, a simpleza dos roles de Wallace e de Joshi –é evidente que quedou na sala de montaxe unha conexión especial entre ela e máis K-), pero non toma ós espectadores por sapiens pre evolucionados ou votantes trumparianos.

O texto tradúcese nunha poderosísima imaxinería por mor do excelso bo facer de Roger Deakins, excepcional director de fotografía cunha longa traxectoria (principalmente, pero non só, para os irmáns Coen), dominador de espazos abertos inhóspitos e de clautrofóbicos recintos densos, que moi intencionadamente lembran o esquecido Jordan Cronenweth. De feito, outro gran logro e a contínua homenaxe estética de iluminación, decorados e vestiario que fai para con BLADE RUNNER (a cociña de K, o escaneo dos ósos, o posto de noodles, o cabalo de madeira –sen corno-, a papiroflexia de Gaff…). E unha lenda respetuosa co fandom mais fiel, que apraudo a mans abertas. Da man de Deakins, ven outro colaborador da parella de cineastas estadounidenses, Dennis Gassner responsable do diseño, xigantesco, de produción. E BLADE RUNNER 2049, un filme abrumador no aspecto técnico. Unha sorte de mecano colosal perfectamente engrasado. Levará moitos dos máis importantes recoñecementos nos vindeiros galardóns da Academia das Ciencias e das Artes dos EE.UU.

E como non estamos a falares de cine silente, haberá que tocares o tema do son. Outra barbaridade, a pesares de que case quedamos xordos co exceso de volume sufrido na sala e que desgraciadamente é práctica habitual hoxe en día. Pero se iso é o prezo que hai que pagar para non escoitar o veciño comeres flocos de millo, case que o dou por ben sufrido. E onde vai o son, a carón chega a banda sonora do xoven talento Benjamin Wallfisch, DUNKIRK (2017) e de Hans Zimmer (que orixinalmente non eran os compositores elexidos). O envoltorio musical ten o mellor e o peor do músico xermano. Neste punto lanzo unha pregunta: debe ser a B.S.O. unha mera exaltación de momentos singulares, ou debe converterse nun actor máis que inunde a historia?. E dicir, disfrutamos da obra mestra que compuxo para o INCEPTION (2010) de Christopher Nolan ou removémonos inquedos na butaca coma o seu traballo desmedido para INTERSTELLAR (2014) do mesmo cineasta?. Voume mollar, aínda que non chove nin vou as troitas, e digo que por intres molestoume o exceso de fanfarria.

[columns]
[column size=”1/3″]Pouco máis destacaría como negativo neste traballo de Denis Villeneuve. Un director xa consolidado no Olimpo cinematográfico actual. Profesional valente que asume retos complexos, nada acomodaticios e que da uns resultados dignos de eloxio. Neste caso nótase (polo recoñecemento do propio Villeneuve), o respeto e admiración o traballo orixinal de Scott (que aínda que non figura nos créditos de guión, algo garabateou). Diciamos que o canadiense séntase na mesma bancada que o xa citado Nolan e a estrela emerxente de Damien Chazelle. O futuro máis cercano parece que pertencerá a este trío de filmadores.

[/column]
[column size=”2/3″][/column]
[/columns]

Pero voltemos a historia principal. ¿E ulo Deckard?. ¿Está morto?. ¿Vai de parranda?. ¿Chegaría máis alá do “happy end” das montañas nevadas?. ¿Andará por algunha aldea amish, por algunha cantina de Mos Eisley, por Cospeito se me apuran?.¡ Aaah!… permítanme que manteña a incógnita e non lles conte máis do argumento, pero o que sí vou a intentar é destripares a sorte dos protagonistas sen contar nada relevante (vamos, como o que levan lendo dende o principio desta crónica). Sorprendeume. Para ben. Tiña unha idea de cómo rematarían os persoaxes e o filme, e o señor Fancher volveume a engañar, con homenaxe de bágoas baixo a choiva (xeada) inclusive. Película seria, difícil de facer e moito máis de gustares.

E gustoume.

Share.

1 comentario

  1. Gran análise, sí señor!!. Para os que nos gusta o cine pero carecemos de coñecementos tan profundos é de agradecer un análise profundo pero non rimbonbante de alguen que sepa e intente transmitir sin asoballar con conceptos que se nos escapan a grande maioría, tipo “vou a facer unha crónica que non a vai entender nin Dios”.
    Pero como diría o señor Lobo: “deixémosnos de chupar as pir…las” e a rilar no churrasco toca!!. .Eu estiven onte nas Cancelas vendo a pinícula e coincido maiormente contigo ainda que discrepo (se mo permites, remedio che queda…) en pequenos detalles..
    Coido que o filme non defrauda a ningúen (é a miña opinión, claro). Hai que partires da base da dificultade que entraña unha secuela( ou como queiramos chamarlle) dunha obra mestra como Blade Runner. Sacando honrosas excepcións de segundas partes (O padriño II, O Imperio contraataca e para de contar) é difícil manter o nivel da primeira obra mestra. Por iso supoño que Sacha Baron Cohen non fixo segunda parte de Ali G (ollo, que como alguen me tome a coña mosquéome!!).
    Para min os perxonaxes están moi logrados, evidentemente uns mais que outros…. Gústame que a aparición de Harrison Ford teña lugar cando ten lugar, nin antes nin despois. Discrepo contigo, Mandingo, co calificativo de ” inexpresivo Carapeixe Gosling”. Entendo que está construida a súa personaxe dunha forma moi distinta a como vimos no seu día os Nexus 8 e mais propia dos Nexus da nova xeración. Esa caracterización entendo que o fai “máis human” e contribue a esa perfección dos Nexus que os acerca tanto os humáns…Tamén discrepo no senso de que coido que a relación de K con Joi está moi traballada, vai evolucionando o longo do filme e, teño que recoñecelo, chega a emocionar a un tipo duro coma mín (sniff…).
    Coincido, eso sí, en que o final foi do meu agrado e a banda sonora do film gustoume e evocoume a Blade Runner…
    Para o meu gusto, están pouco traballados os personaxes dos “malos malotes” ou quizá é porque os comparo cos bos da pinícula. Non che sei, a verdade…
    Outra cousa mais para rematar e que penso que non lle fixeches mención: o comenzo do film. Estamos acostumados a principios sen peso, meros introductores da trama e neste caso coido que non é así. Polo demais coincido que os xiros ao longo do filme están logrados sen caer nun barroquismo o que estamos acostumados noutras pinículas e que, non sei porqué, gustamos de alabar.
    En resumo: recomendo a visión e noraboa pola crónica Mandingo!!
    P.D.: Coido que o nome de Mandingo é suposto xa que non vin a ninguén de raza negra no cine (ainda que sí un par de guiris, ou polo menos falaban en inglés.Igual che eran da Ramallosa…) e tampouco vin ningún white man o que lle saíra o rabo por fora como ó negro do Guasap. Seguro que te chamas Manolo, Luis ou Diego, como miles, vamos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies