займ срочно

Bluegrass nas Crechas con Los Hermanos Cubero

0

Compostela, 13 de abril do 2018 – Los Hermanos Cubero, toda unha referencia no folk nacional e no bluegrass que os levou a participar no Primavera Sound ou no Womad, pasan esta noite, 21:00 9€/12€,  pola Casa das Crechas.

Los Hermanos Cubero nacen na Alcarria. Na súa música mesturan o flok manchego co bluegrass americano cun resultado atractivo s sorprendente. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionan con mestría as súas influencias e danlles forma a través das súas dúas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical. O broche de ouro pono as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante unha sátira que adoptaron do cancioneiro tradicional da Alcarria, a súa terra á que recorren frecuentemente a modo de musa.

Pouco despois de cumprirse o cinco anos desde o seu debut editorial con “Cordaineros de la Alcarria” (Autoeditado, 2010) sacaron ao mercado “Arte y Orgullo” (El Segell, 2016) disco que os consagrou entre as masas, recibiu halagos da crítica e levounos a percorrer parte da xeografía española. O folk en castelán colle unha nova dimensión da man dos Hermanos Cubero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies