Vertidos de auga contaminada no regato de Figueiroa na estrada

0

A Estrada, 19 de xuño do 2020 – O BNG da Estrada denuncia vertidos de auga contaminada dos sumidoiros  no regato da parroquia de Figueroa.

A concelleira nacionalista da Estrada, Susana Camba, ao lugar onde se producen os vertidos para comprobar a desfeita provocada polo mal funcionamento da rede de depuración. Segundo explicou “isto non é primeira vez que ocorre, desde o BNG denunciámolo en reiteradas ocasións, mais desde o goberno do PP non teñen tomado medidas para paliar esta situación”.

Vertidos de auga contaminada no regato de Figueiroa na estradaA concelleira nacionalista recorda que “xa no ano 2018 entregamos varios recipientes con auga contaminada recollida en diversos puntos da rede de sumidoiros do concello, para poñer en evidencia a ineficacia do sistema de depuración, e a día de hoxe nin concello nin SEPRONA, nin Augas de Galicia tomaron cartas no asunto”. Camba engade que  “Se fose un veciño ou veciña o que vertera auga contaminada ao regato, temos claro que estes organismos actuarían con maior dilixencia”.

Susana Camba insta novamente ao alcalde da Estrada a “tomarse en serio as continuas denuncias que facemos desde o BNG, non é un feito puntual, é algo que acontece habitualmente, e o goberno municipal non pode mirar para outro lado, ten que actuar para evitar que auga contaminada chegue aos regatos e ríos do noso concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial