займ срочно

O BNG impulsa unha campaña de apoio ao comercio local de A Estrada

0

A Estrada, 2 de xaneiro do 2017 – O BNG da Estrada ven de poñer en marcha unha campaña de sensibilización e apoio ao comercio local do concello, nunhas datas nas que se dispara o gasto en moitas familias.

Esta campaña, na que participaron militantes do BNG e o concelleiro, Xosé Magariños, fíxose a pé de rúa e comercio a comercio, trasladando as propostas para o sector da formación. Ao mesmo tempo o BNG obsequiou aos comerciantes cuns autocolantes con mensaxes en galego para pegar nos agasallos que se merquen durante estas datas.

Según explican desde a formación nacionalista “apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar as nosas vilas. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade”. O BNG engade que “apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan”.

Dentro das medidas que o BNG propón para o comercio local está incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega. Opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais. Recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais.

Promover a produción alternativa e ecolóxica. Impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega. Regular os horarios comerciais.

Establecer liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade.

Promover axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies