O BNG comeza unha campaña para procurar un Centro de Día para Teo

0

Teo, 28 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Teo) – O Grupo Parlamentar do BNG presentou por petición do BNG de Teo unha enmenda ao Proxecto de Orzamentos da Xunta para incluir a construción e posta en funcionamento dun CENTRO DE DÍA para a atención dos veciños e veciñas de Teo que o precisen.

O BNG mantivo unha reunión coas asociacións do concello para solicitar a súa colaboración na campaña de sensibilización e iniciaron a recollida de sinaturas nos centros de saúde de Cacheiras, Os Tilos e Calo.
O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández, afirmou que a dotación dun Centro de Día é unha vella demanda e “unha débeda histórica” cos veciños e veciñas de Teo, un concello cunha poboación de 18.505 persoas censadas, entre as cales 3.131 maiores de 64 anos, que estivo a punto de ser satisfeita na lexislatura 2007-2011.

O goberno municipal de Teo xa tiña na altura dados todos os pasos para conseguir a dotación deste servizo que desde o BNG consideran “básico”: cesión da parcela, proxecto elaborado, sinatura do convenio coa Xunta de Galiza, etc. Só faltaba adxudicar a obra. Mais a chegada do Partido Popular á Xunta frustrou as expectativas. Nuñez Feijóo anulou o convenio e concedeu o centro de día a un concello gobernado polo seu partido.

A campaña de sensibilización estenderase até despois do verán, periodo no que o BNG de Teo promoverá distintas iniciativas para lograr apoios cos que lograr esa dotación tan necesaria para o concello.

Tamén promoven unha recollida de sinaturas a través das redes sociais mediante un formulario compartido  no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/dBuI3EaaKeS9eWnO2

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial