Charla informativa en O Pino sobre o proxecto de minería de cobre

0

O Pino, 20 de setembro do 2017 – O BNG do O Pino organiza unha charla informativa sobre a posible reapertura da explotación de minería de cobre.

A cita será mañá xoves ás 21 horas no local social de Castrofeito. O BNG quere explicar á veciñanza a súa postura e cales poden ser os beneficios e prexuízos da reapertura da minería de cobre no municipio.

As antigas minas, situadas nos concellos de O Pino e Touro poderían funcionar de novo a partir do vindeiro ano. A idea dos seus promotores é explotar a parte da mina que quedou sen tocar entre os anos 1970 e 1987, cando pechou a explotación mineira.

O 25 de agosto saíu anunciado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental para o xacemento de cobre abríndose un prazo de 30 días hábiles á citada publicación para a presentación das alegacións oportunas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies