займ срочно

O BNG de Padrón pídelle ao Partido Galeguista que explique porque antes non valía o PP para gobernar e agora si

0

Padrón, 25 de marzo do 2017 – O BNG de Padrón ven de emitir un comunicado sobre o acordo de goberno entre Partido Galeguista e PP que se firma esta tarde.

O BNG reclama entre outras cousas unha explicación por parte do Partido Galeguista sobre as razón do seu cambio de postura. Os nacionalistas lembran que ata fai pouco intentouse un acordo na oposición porque non se consideraba que o PP puidera seguir gobernando e agora sen embargo o PG parece ter mudado de opinión.

O texto integro do comunicado é o seguinte:

1.- O BNG de Padrón manifestou publicamente no comezo deste mandato que desconfiaba nun pacto que pivotase en concelleiros do PGD que no mandato pasado foron socios do P.P. Non había garantías nin compromiso serio de que non o volverían facer. Deixamos ben claro que o BNG non é moeda de cambio nin entra  nos xogos oportunistas do PGD, que coma quedou demostrado unha vez máis é un satélite do P.P.

2.- Maila nosa reticencia, o BNG sentouse a falar con tres forzas políticas, PGD inclusive, buscando solucións  aos graves problemas que están a estrangular Padrón.  Coincidiamos na diagnose e sobre todo en que a solución pasaba pola saída ou neutralización política do P.P. debido a súa nula capacidade de xestión. Aspecto este no que facía especial incidencia o PGD.

O BNG de Padrón pretendía un acordo baseado en políticas e formas de gobernar moi diferentes ás do P.P. Defendemos puntos programáticos básicos como a potenciación dun mercado ecolóxico de referencia, transporte comarcal con centro en Padrón, ordenación dos aparcadoiros… E tamén capacidade real de levar a cabo as nosa propostas e defender a nosa identidade .  Asimesmo desde o BNG plantexamos facer unha declaración pública de principios na  que os partícipes deste acordo se comprometesen  a non buscar alianzas con P.P. Vistos os feitos, está claro que non podía ser. Máis difícil de entender é que AxP, Veciños e PSOE tratasen de responsabilizar a o BNG da falta de acordo e non se decatasen da verdadeira razón.

4.- O PGD deberá explicar por que o que antes cualificaban de incapacidade desastrosa do P.P.  agora sexa idóneo, adecuado e acertado. Que o que antes era incompatibilidade por ideario (decreto de plurilingüismo),  agora sexa afinidade.  Vai ser difícil explicar que os principios, a coherencia e o interese xeral son os valores que marcan o rumbo do PGD.

5.- O BNG de Padrón é hoxe máis que nunca a alternativa fronte á chapuza de intereses de  PP+PGD. No BNG traballamos convencidos de que somos a solución para Padrón, e que o BNG e imprescindible para o seu desenvolvemento harmónico co pais. Por iso o noso traballo ten como obxectivo acadar o goberno de Padrón, e  facémolo con moito ánimo e co alento que nos prestan os veciños e veciñas do noso concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies