займ срочно

O BNG enmenda os orzamentos da Xunta na procura dun plan integral para a Pontevea

0

Bisbarra, 17 de Nadal do 2017 – Unha vez conseguida a declaración de ben de Interés Cultural para a Pontevea o BNG quere que os orzamentos da Xunta doten de cartos a un plan para a súa conservación.

Os grupos locais do BNG de Teo e a Estrada impulsan unha emenda as contas do 2018 reclamando 200.000 euros para dito Plan Integral.

Os nacionalistas explican que a declaración de BIC “non se fixo coa idea de que ficara só nun papel, senón que buscamos darlle unha maior proxección á zona da ponte e ao río Ulla ao seu paso por este fermoso enclave.

Coa demanda da declaración BIC da Ponte tamén se buscaba dotala dun maior nivel de protección que o que tivo até agora, mais para iso necesítanse investimentos”.

A emenda conxunta aos Orzamentos da Xunta para 2018 está dirixida á posta en marcha dun plan integral de rehabilitación, que realce e protexa a ponte medieval. Para o BNG ” o Conselleiro e os Alcaldes fixeron a foto de propaganda mais aínda ningunha das administracións presentou ningún plan nin por suposto dotación orzamentaria. Así pois, agardamos que teñan en consideración a emenda formulada para dotar económicamente o Plan e así deixar a política de propaganda. Esiximos que se valore axeitadamente a Ponte e a súa contorna como elemento turístico, cultural e social, que se actúe na súa conservación e mantemento e que se dinamice con fins de aproveitamento tanto por parte da veciñanza coma dos visitantes”.

O BNG engade que a Pontevea é un importante legado histórico que ten que servir non só de elemento físico de unión das dúas beiras do Ulla, senón como eixo dinamizador dunha zona que comparte mesmo tradicións culturais, como por exemplo, os Xenerais da Ulla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies