займ срочно

O BNG de A Estrada di que a administración dixital chega tarde

0

[columns]
[column size=”2/3″]O BNG de A estrada di que o PP gastou en 2006 120.000 € nun proxecto de administración dixital que nunca se puxo en marcha[/column]
[column size=”1/3″]Fonte: BNG A Estrada[/column]
[/columns]


A Estrada, 14 de novembro do 2016 – 
Hai agora dez anos, en novembro de 2006, durante a alcaldía de Ramón Campos, a Fundación Cultural A Estrada adxudicaba á empresa Coremain por 119.446 € a posta en marca en oito meses da administración dixital, un dos proxectos estrela de A Estrada Dixital.

Desde aquela, e a pesar da insistencia reiterada do BNG, desde o concello nunca deron explicacións convincentes e claras sobre o destino dese proxecto que, evidentemente, nunca chegou a poñerse en marcha; e concellos como Silleda, que non recibiron a choiva de millóns de euros que recibiu A Estrada polo proxecto A Estrada Dixital, xa ten administración dixital desde hai anos.

O concello da Estrada anuncia agora a adhesión ao servizo de administración electrónica que ofrece a Deputación de Pontevedra, o mesmo, por certo, que ten Silleda e outros concellos da provincia. Porén, desde o BNG, seguimos a reclamar as mesmas explicacións reiteradas que demandamos a todos os alcaldes que pasaron polo concello desde 2006 até hoxe, porque os veciños e veciñas da Estrada teñen o dereito a coñecer en que e como se gastaron case 120.000 € nun paquete informático que nunca chegou a poñerse en marcha.

A explicacións, se é que o grupo de goberno do PP quere dalas, chegan tarde, pero máis tarde chega a administración dixital ao noso concello, que hai dez anos era o paradigma das cidades dixitais e a propaganda do PP encargábase de vender o noso concello como a vangarda das novas tecnoloxías. Sen embargo, hoxe pouco queda en pé de todo aquel proxecto, que a pesar dos centos de miles de euros foi incapaz de poñer en marcha a administración dixital.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies