O BNG de A Estrada cualifica de “chapuza” o proxecto para a autoestrada

0

A Estrada, 13 de decembro do 2017 – O BNG denuncia que si a autoestrada remata en Pontevea sen cruzar o Ulla converterá a zona nun embude que só xerará problemas.

Os nacionalistas consideran que o anuncio da ampliación da autoestrada é “unha tomadura de pelo e unha chapuza que dilapidará 24 millóns de euros nun traxecto de 3 quilómetros que non solucionará os problemas de comunicación”. O BNG considera que lonxe de arranxar ditos problemas a ampliación presentada pola Xunta os agravará.

Vista do final da autoestrada a día de hoxe

Vista do final da autoestrada a día de hoxe

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “este apaño multimillonario, que lle sirve ao alcalde para facer que fai e para saír nos medios de comunicación, é unha nova chapuza, que converterá Pontevea nun auténtico funil, xa que todo o tráfico da autoestrada desembocará no centro de Pontevea, en Teo, nunha pequena semirotonda cun stop, que será un auténtico quebradeiro de cabeza para os vehículos lixeiros e xa non digamos para o tráfico pesado”.

Para o BNG é preciso que a AG-59 cruce o Ulla e comunique coa Estrada PO-841. O Bloque explica que Pontevea é un punto negro da comunicación entre Santiago e A Estrada e rematara a auto estrada en el traerá máis problemas dos que poida solucionar.

Xosé Magariños “insta ao alcalde a reflexionar e a analizar coa cabeza fría este anuncio da Xunta”. “Se quere realmente ser feliz como dixo el no Facebook e facer felices aos veciños e veciñas da Estrada”, engadiu o concelleiro do BNG, “fale con Feijóo para que emende esta chapuza de 24 millóns que creará máis problemas de comunicación aos veciños e veciñas da Estrada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies