займ срочно

O BNG de A Estrada pide unha comisión de investigación sobre as adxudicacións de contratos de A Estrada Dixital

0

A Estrada, 29 de xuño do 2017 – Tras a polémica xurdida en torno ao presunto trato de favor que recibiu por parte da Xunta o coordinador dos equipos de protección civil, o BNG de A Estrada pide a apertura dunha comisión de investigación sobre os negocios co concello de esta persoa.

O BNG reclama que a comisión de investigación que demanda estude todos os contratos adxudicados dentro do proxecto A Estrada Dixital ” das que se beneficiou o grupo de empresas que agora rexenta o xefe de protección civil da localidade e membro da executiva local do Partido Popular Carlos Faílde”.

O BNG quere que a comisión de investigación abarque os últimos dez anos no que o grupo de empresas que presuntamente recibiu trato de favor obtivo contratos por valor de 400.000 euros.

Os nacionalistas piden ademais unha atención especial a un contrato de 280.00 euros que segundo o BNG foi adxudicado a dedo no 2007 dentro do Padroado da Fundación Cultural, algo que xa de aquela vulneraba a lexislación.

O BNG da Estrada explica que “con carácter xeral aqueles contratos que deba realizar o concello (con provedores, de obras, …) realizaranse por procedementos que inclúan a publicidade fuxindo das adxudicacións directas e os Negociados Sen Publicidade (obviamente naqueles nos que polo obxecto e contía a lei non o esixe), establecendo un Regulamento Municipal de Contratación, así coma a publicación de todos os contratos e un estrato anual dos pagos realizados a cada unha das empresas que inclúa a razón social, o concepto e o importe abonado polo Concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies