O BNG de A Estrada reclama que as infraestruturas se decidan no Consello Económico e Social

0

A Estrada, 17 de xullo do 2017 – O BNG da Estrada vén de rexistrar un escrito para que na orde do día do próximo Consello Económico Social haxa un punto para poñer en común as prioridades en infraestruturas viarias do concello.

Os nacionalistas entenden que é no Consello Económico e Social onde se teñen que debater asuntos deste calado xa que neste foro teñen representación non só todos os partidos políticos, senón tamén entidades sectoriais, como ACOE, ACE, así como os sindicatos.

A idea naceu na reunión que o BNG de A estrada mantivo coa nova directiva da Asociación Comarcal de Empresarios o pasado mes de maio. Coa proposta o que se pretende é consensuar as prioridades en materia de infraestruturas que necesita o concello da Estrada no Consello Económico Social coa intención de dinamizar o municipio.

Para o BNG a Estrada ten unha carencia importante en infraestruturas cuxa construción se vén adiando desde hai anos e poñen como exemplo a Variante. Os nacionalistas explican que unha fronte común permitirá acadar os obxectivos que desde distintos sectores se veñen demandando reiteradamente.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies