займ срочно

Propoñen, en A Estrada, unha ordenanza sobre o alumeado público que diminúa a contaminación lumínica

0

A Estrada, 19 de xaneiro do 2018 –  O BNG de A Estrada levará a pleno unha moción solicitando unha ordenanza que regule o alumeado público e evite a contaminación lumínica.

Según explican desde o BNG o alumeado público é un servizo que permite desenvolver múltiples actividades pola noite, polo que pode ser considerado esencial. Ao mesmo tempo é un servizo que supón un importante gasto económico. Segundo o IDAE as luminarias repartidas ao longo de todo o territorio do estado supoñen o 42% do consumo enerxético do sector de servizos públicos, e que o 95% deste consumo corresponde as instalacións responsabilidade dos concellos. Os nacionalistas engaden que estes datos indican a necesidade de buscar sistemas que minimicen o consumo e iluminen de forma axeitada única e exclusivamente aquelas zonas que realmente o necesiten.

A lexislación do estado xa recolle a necesidade de reducir os efectos indesexable do mal uso da iluminación pública. A Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera. («BOE» 275, do 16-11-2007.) recolle no seu preámbulo que “a atmosfera é un ben común indispensable para a vida respecto do cal todas as persoas teñen o dereito do seu uso e desfrute e a obriga da súa conservación”, e recoñece que é un recurso vital e que a súa contaminación pode traer como consecuencia danos para a saúde das persoas. Na súa Disposición adicional cuarta recolle fai referencia a contaminación luminosa e di o seguinte: “As Administracións públicas, no ámbito das súas competencias, promoverán a prevención e redución da contaminación luminosa, coa finalidade de conseguir os seguintes obxectivos:

  1. a) Promover un uso eficiente do alumeado exterior, sen menoscabo da seguridade que debe proporcionar aos peóns, os vehículos e as propiedades.
  2. b) Preservar ao máximo posible as condicións naturais das horas nocturnas en beneficio da fauna, a flora e os ecosistemas en xeral.
  3. c) Previr, minimizar e corrixir os efectos da contaminación luminosa no ceo nocturno, e, en particular no entorno dos observatorios astronómicos que traballen dentro do espectro visible.
  4. d) Reducir a intrusión luminosa en zonas distintas ás que se pretende iluminar, principalmente en contornas naturais e interior de edificios.”

Tamén o Real Decreto 1890/2008, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior e as súas instrucións técnicas complementarias EA-01 á EA-07. («BOE» 279, do 19-11-2008.), recoñece que “a eficiencia e o aforro enerxéticos constitúen obxectivos prioritarios para calquera economía e pódense conseguir sen afectar o dinamismo da súa actividade, xa que melloran a competitividade dos seus procesos produtivos e reducen tanto as emisións de gases de efecto invernadoiro como a factura enerxética.

A contaminación luminosa está provocada entre outras causas pola disipación de luz en zonas que non deben ser iluminadas, ou a horas ou momentos do ano nas que non é preciso iluminalas, ou polo uso de intensidades e espectros de luz inadecuados. Maniféstase de diversas formas, entre elas a intrusión luminosa no medio ambiente e en domicilios particulares, o incremento do brillo do ceo nocturno ou os efectos de cegamento que poden poñer en perigo a seguridade das persoas.

O parlamento Galego en setembro de 2015 aprobou por unanimidade sumir integramente a “Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas” (Declaración de La Palma, 2007), e de maneira explícita recolle algunhas das súas ideas fundamentais:

O dereito a un ceo nocturno non contaminado que permita gozar da contemplación do firmamento debe considerarse un dereito inalienable da Humanidade, equiparable ao resto dos dereitos ambientais, sociais e culturais.

A difusión da astronomía e dos valores científicos e culturais asociados deberán considerarse contidos básicos a tratar na actividade educativa.

É imprescindible o control da contaminación luminosa en todo o territorio galego dado o impacto que xera sobre moitas especies, hábitats, ecosistemas e paisaxes. Deberá promoverse e esixirse o uso racional da iluminación artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusión de luz sobre os seres humanos e o medio natural.

Os lugares que presenten condicións excepcionais para a contemplación do ceo, e en particular aqueles máis aptos para a observación con fins científicos, serán obxecto dunha protección especial.

Deberá fomentarse o turismo responsable e sostible que faga da paisaxe nocturna un recurso a protexer e poñer en valor.

O BNG de A Estrada consideramos que para de prestar un servizo nas mellores condicións posibles é preciso unha ordenanza que recolla o espírito das mencionadas leis es as adecúa ao concello. Algunhas das propostas serían  o acendido e apagado da iluminación exterior marcado pola ausencia da luz solar.

Só naquelas rúas e prazas singularmente escuras por causa do seu trazado urbanístico debería ampliarse o horario de acendido das luminarias.

Todos os sistemas de iluminación xeral deben incluír mecanismos para a redución do fluxo a partir de certas horas da noite.

En horario nocturno a iluminación ornamental terá que manterse apagada.

Con carácter xeral, as luminarias para a iluminación non poden enviar luz por encima do plano horizontal na súa posición de instalación.

Iluminaranse exclusivamente aqueles lugares onde a luz sexa necesaria. Evitarase a intrusión luminosa en domicilios, espazos non habitados e a emisión directa ao ceo. 

A iluminación de establecementos comerciais deberá permanecer apagada cando estes non se atopan abertos ao público.

Tamén se propón a substitución das antigas luminarias e optarase, de acordo cos estudos dos que se dispón, por lámpadas de menor temperatura de cor e luminarias coas características idóneas para cada espazo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies