займ срочно

O BNG de A Estrada denuncia que o goberno municipal imcumpre a Lei de Contratos Públicos

0

A Estrada, 15 de febreiro do 2017 ( fonte BNG A Estrada)- Según explica o BNG o contrato de mantemento da EDAR esta fora da legalidade desde o 2012.

O BNG de A Estrada lembra que a Xunta de Goberno Local de 20 de novembro de 2006, sendo alcalde Ramón Campos Durán, adxudicou á empresa Aquagest SA (hoxe Viaqua) o servizo de mantemento da estación depuradora de augas residuais urbananas, así como o das estacións de bombeo de Figueiroa, Matalobos, Guimarei e Lagartóns. O importe da licitación foi de 359.911,60 € por dous anos. O contrato asinouse en decembro de 2006 por dous anos, prorrogábeis até un máximo de catro.
Según esto, seguen os nacionalistas, a día de hoxe o contrato de mantemento da EDAR de A Estrada e das estacións de bombeo está fóra de toda legalidade, xa que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, Lei de Contratos do Sector Público,  impide prorrogar contratos públicos indefinidamente, tal e como se ven facendo desde 2012 até a actualidade, data na que expirou o contrato de mantemento coa empresa Viaqua, definido expresamente nos pregos de licitación.
Desde o BNG da Estrada instan ao goberno municipal a rematar con esta ilegalidade e a municipalizar este servizo público que ten un custe anual para o concello de 180.000 euros. Por outra parte, o BNG pide que o PP dea explicacións aos veciños de A Estrada por este tempo extra de contrato con que obsequiou á empresa Viaqua, saltándose a legalidade vixente; de non facelo de xeito convincente levaríanos a pensar que aquí hai gato encerrado, con consecuencias graves para o concello.
O BNG de A Estrada presentará unha moción para instar ao goberno a municipalizar o servizo de mantemento da EDAR e das estacións de bombeo, non sen antes analizar a voluminosa documentación dos pregos de licitación (técnico e administrativo) que se lles remitiu esta semana.
Para o BNG a privatización dos servizos públicos, como é este da EDAR, implica diminuír a calidade do servizo reducindo o emprego de calidade. A empresa privada en xeral pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta de rebaixar a calidade do servizo con redución do persoal, baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras. Non hai mellor proposta para defender o público fronte ao privado que ampliar a xestión directa dos servizos e non recorrer a entidades con menos garantías para prestar o servizo e con traballadores/as que teñen os seus dereitos laborais reducidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies