O BNG de A Estrada abandona a Mesa de Xestión da Edusi

0

A Estrada, 21 de novembro do 2017 – O BNG de A Estrada decidiu abandonar a mesa e os foros de xestión da estratexia Edusi polos criterios usados para usar os fondos europeos.

O arranxo do antigo matadoiro é unha das propostas do BNG para os fondos Edusi

A estratexia Edusi dota ao concello de A Estrada de 5 millóns de euros para o desenvolvemento urbano. Para o BNG o goberno municipal deixa fora de esa estratexia a participación social e o acusa de falta de transparencia.

O BNG explica que cando os fondos foron adxudicados eles xa advertiron de que a proposta do Grupo Municipal Popular ” non era social, nin sostíbel e tampouco participativo. O EDUSI era e é un documento que só servía para enmascarar os proxectos que lle interesan ao alcalde e ao seu grupo de goberno”.

Según os nacionalistas a estratexia Edusi non contempla ningunha das necesidades urxentes que, desde o seu punto de vista, ten o concello. O BNG indica que o municipio require “arranxar os continuos problemas que ten a rede de abastecemento de auga, a dotación de aparcadoiros públicos en superficie, abrir novas rúas, mellorar a rede de sumidoiros e o saneamento do rural, os problemas dos nosos sectores produtivos principais, o sector gandeiro e o móbel, e por suposto, o esmorecemento do noso rural”.

O BNG presentou 45 propostas no mes de xaneiro que non se chegaron a debater. As propostas incluían a creación de aparcadoiros públicos gratuítos en superficie en distintos puntos da vila como demanda tamén o colectivo de comerciantes, apertura de novas rúas, potenciación da praza de abastos, recuperar os sistemas de regadío existentes actualmente inutilizados para que sirvan para afrontar as secas dos últimos veráns ou a posta en marcha do matadoiro municipal.

Nin social nin sustentábel

O BNG denuncia que mentres as súas propostas non son tidas en conta “desde o goberno municipal anuncian por exemplo, a ampliación da Alameda con cargo a eses fondos, un proxecto que non é o que necesita o noso concello nestes intres, e tampouco é social e moito menos sustentábel”.

Un ano máis tarde da presentación do proxecto EDUSI as previsións do BNG cumpríronse: hai participación social, pero desprézase e ignórase; non hai transparencia na xestión deste proxecto dotado con cinco millóns de euros; e por riba as propostas que se publicitan desde o goberno municipal, que emanan de non se sabe onde nin se sabe con que escuros intereses, non responden ás necesidades acuciantes que o concello ten agora mesmo.

Os nacionalistas advirten de que non é a primeira vez que se empregan cartos públicos en proxectos que acaban por non funcionar “En 2004 o goberno municipal de Chito Campos, do que formaba parte o actual alcalde, vendía o proxecto da Estrada Dixital como se fose “El Dorado”. Disipado o fume de millóns de euros, hoxe non queda practicamente nada en pé, e A Estrada Dixital é unha cáscara valeira. Queremos repetir a historia? No BNG non estamos pola labor”.

Ante esta situación o BNG decidiu abandonar as mesas e foros de xestión do EDUSI e invitan a outros colectivos que fagan o mesmo “hai meses que non se convocan, a pesar de ser un proxecto que ten na participación social a súa razón de ser. E porque se ignoran propostas que presentaron colectivos e entidades diversas, mentres se anuncian proxectos que non se debaten nin se discuten en ningún sitio. E neste sentido agardamos que outros colectivos e entidades que participaron de boa fe nesta iniciativa presentando as súas propostas sigan tamén o exemplo do BNG de non ser cómplices coa xestión do EDUSI que fai o PP”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial