O BNG da Estrada considera que a mina de Touro pon en perigo ao Ulla

0

A Estrada, 4 de outubro do 2017 – O BNG de A Estrada ven de presentar unha moción para ser debatida en pleno na que advirte dos perigos para o Ulla da apertura da mina de Touro

Na moción os nacionalistas explican que a mina de Touro está situada en plena bacio do Ulla e prevé o desvío de dúas canles fluviais, o que incrementaría os problemas derivados da explotación anterior e poria en serio risco a capacidade de dilución da carga contaminante do Río Ulla.

Según o BNG a metodoloxía que se prevé usar é a miúdo a máis contaminante, dado que xera enormes cantidades de refugallos de rocha e po, contaminando grandes cantidades de auga, polo que as consecuencias prexudiciais para o medio ambiente son importantes.  Segundo o INE este tipo de industria xera o 75% dos residuos industriais do estado.

As consecuencias directas que tería a explotación sobre o medio ambiente, seguen explicando os nacionalistas, teñen que ver coa destrución da capa superficial de terra, deixando unha paisaxe inerte; a afección aos acuíferos e os cursos de auga próximos veríanse tamén afectados, o que poría en perigo a flora e fauna da zona, o que significa un perigo directo para a riqueza piscícola da Estrada.

O BNG demanda que, dado que  proxecto se atopa en fase de información pública, o Concello realice un estudo onde se analice o impacto sobre as augas do Río Ulla producido pola explotación mineira “San Rafael nº2946”, e que se formulen as alegacións precisas para garantir que o entorno natural non se vai ver afectado ao igual que as persoas, ademais de

instar ao Goberno Galego a que nas concesións sobre este tipo de industrias se prime a conservación do medio natural e a seguridade e saúde das persoas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies