O BNG de A Estrada reclama o arranxo da Ponte de Souto de Vea

0

A Estrada, 2 de setembro do 2017 – A pesar de que xa pasaron seis meses do temporal que asolagou todo Galiza o pasado mes de febreiro, aínda se pode apreciar os danos causados na ponte de Souto de Vea que a travesa o río Vea entre ese lugar e Santa Cristina de Vea.

A forza do vento derrubou naquel entón unha árbore sobre a estrada PO-841 e a día de hoxe non foron arranxados nin a barandilla nin o quitamedos da Ponte de Souto de Vea.

O BNG denuncia que “nin o goberno municipal de A Estrada, da mesma cor política que a Xunta de Galiza, a pesar do evidente mal estado da ponte, foi quen instar ao Goberno de Feijóo para que procederan ao arranxo da ponte, así como quitamedos”.

Desde o BNG da Estrada instan ao goberno municipal a reclamar en San Caetano que a Xunta proceda ao arranxo inmediato da ponte entre o Souto de Vea e Santa Cristina de Vea xa que o estado no que se atopa é un perigo para seguranza vial.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies