O BNG de A Estrada denuncia as deficiencias na recollida do lixo

0

A Estrada, 30 de agosto do 2017 –  O BNG de A Estrada denuncia as dificultades coas que se atopa a veciñanza coa recollida do lixo, tanto na vila como no rural.

Según os nacionalistas comprobouse que os contedores existentes non son suficientes para o volume de lixo xerado e que en moitos lugares non existen, como é o caso dos contedores de recollida de plásticos que faltan en moitos sitios.

O BNG insta ó goberno municipal de A Estrada a que faga coa urxencia que require o asunto un estudo que aporte os datos necesarios para arranxar o problema da recollida do lixo porque din ademais que “é un problema que conleva un impacto social moi negativo, tendo en conta ademais dos problemas de salubridade, o impacto pouco decoroso que pode ter nos visitantes que poidan vir á Estrada neste tempo de verán”.

O problema da falla de contedores de plástico nalgúns lugares do rural significa segundo o BNG un argumento antipedagóxico máis cara un medio ambiente xa moi maltratado.

Por outra parte, o BNG da Estrada insta tamén ao goberno municipal a darlle un lavado aos contedores, xa que coa calor desprenden un cheiro nauseabundo, claramente perceptíbel, por mor da calor do verán.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies