O BNG de Ordes presenta as propostas para o POS 2018

0

Ordes, 19 de novembro do 2017 – O BNG de Ordes presentou a súa proposta de proxectos para o POS 2018, nos que apostan polos servizos básicos.

Imaxe do concello de OrdesO BNG de Ordes propuxo una serie de obras, onde se lle da prioridade aos servizos de abastecemento de auga e saneamento, así como ás melloras na eficiencia enerxética e na accesibilidade, sen deixar de lado o mantemento das vías de comunicación.

Para o POS 2018 o BNG de Ordes propón:

Alumeado tipo LED e arranxo da cuberta do pavillón do Mesón do Vento.

Alumeado tipo LED, novas gradas e ventilación no pavillón Campomaior.

Punto de carga para cisternas en Lesta – Mercurín.

Substitución tubaxes de abastecemento de auga de fibrocemento, existentes na rúa Galicia por outras de polietileno.

Instalación de sistema de incremento de presión na rede de abastecemento de auga nos lugares de: Queis, Porta dos Condes, Castrelo, Carrás, Albariña e Piñeiro.

Dotación de auga e posta en marcha do punto de carga de cisternas existente en Beán.

Saneamento nas aldeas de Cercedo, A Poza e O Mendo.

Melloras na pavimentación en varias pistas, destacando:

Estrada principal en Barbeiros.

Pista Buscás-Vilamaior (tramo Faramilláns).

Pista da Maquía e tramo Igrexa-Casal (Vilamaior).

Pista do Bidueiro (Ordes).

Pista campo da festa Pereira a Poulo.

Ramplas accesibles nos pasos de peóns da vila.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies