O BNG de Padrón pide a reposición dos contedores de lixo retirados

0

Padrón, 22 de novembro do 2017 – O BNG de Padrón denuncia a retirada de contedores de lixo sen aviso previo aos veciños e sen que aínda foran reemplazados.

O BNG explica que a actual empresa prestadora do servizo (RECOLTE SERVIZOS Y MEDIOAMBIENRECOL, SAU) asumiu o servizo de recollida de lixo o día de 1 de xullo de 2017, por 23 días. Desde entón, según os nacionalistas, ademais de superarse amplamente o tempo de contrato  suprimíronse puntos de recollida da fracción “resto” -cando menos catro-, de maneira unilateral por parte do concello ou da empresa, sen ningún tipo de aviso, negociación, ou consenso cos veciños afectados.

O BNG indica que a  supresión de puntos de recollida supón unha modificación do prego de condicións que a empresa está obrigada a cumprir. O concello debe ordenar canto antes o restablecemento destes contedores nos lugares que lle corresponde.

Para o BNG de Padrón é máis que comprensible a indignación de moitos veciños afectados que sen entender os motivos, nin recibir explicacións convincentes víronse privados do servizo.

Para os nacionalistas os cambios nos servizo deben seguir unha planificación ben estudada, debatelos nos órganos de representación municipal, e informar e pedir a colaboración dos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies