O BNG reclamará no Parlamento o arranxo da N-550 na zona de A Ponte en Padrón

0

Padrón, 7 de setembro do 2017 – O Deputado do BNG no parlamento galego, Luís Bará  Torres, será o encargado de defender a proposición do BNG para solucionar os problemas de A Ponte en Padrón.

O pasado dous de xuño, Luís Bará, reuniuse cun grupo de veciños de A Ponte para coñecer directamente a grave situación de inseguridade vial que padecen dende hai anos. Resultado da reunión, Bará comprometeuse, coma primeira medida, a presentar esta iniciativa parlamentaria.

Según explica Luís Bara na exposición de motivos ” a estrada presenta deficiencias de accesibilidade e seguranza viaria xa que carece de beirarrúas e beiravías, así como de pasos de peóns, o que dificulta gravemente e fai moi perigosa a mobilidade peonil. Unha situación que se ve agravada nalgúns puntos pola existencia de muros e acumulación de maleza nas marxes, o que obriga os peóns a circular pola calzada. As dificultades son aínda máis graves no caso dalgunhas casas que non teñen acceso peonil, de maneira que unicamente se pode acceder a elas en automóbil.”

Bara lembra ademais que “O proxecto de mellora da seguranza viaria na N550 á altura do barrio de A Ponte é unha vella promesa do goberno central adiada durante anos. Xa no ano 2008, o goberno do Estado a través dunha resposta parlamentaria ao BNG indicaba que “a problemática dos veciños da Ponte será aliviada coa execución das obras de seguridade vial Mellora local da travesía de Padrón N 550 pp.kk 82,141 a 83,683, que van licitarse neste mesmo ano cun orzamento de 4,5 millóns de euros”

O BNG con esta proposta obriga ao Partido Popular a definirse no Parlamento sobre os problemas de A Ponte e as promesas feitas en sucesivas ocasións desde o Goberno Central.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies