O BNG de Ordes reclama a eliminación dun peche na rúa Nova

0

Ordes, 14 de novembro do 2017 – O concello de Ordes comezou obras de mellora na rúa Nova onde o BNG pide que sexa eliminado un peche que invade a beirarrúa.

O BNG de Ordes lembra que a substitución das canalizacións de auga de fibrocemento por outras de polietileno e o acondicionamento das beirarrúas na rúa Nova, son actuacións que foron propostas por eles hai un ano.

Os nacionalistas explican que en dita rúa existe un peche fora da aliñación que invade case 1 m a zona de beirarrúas e que desde o BNG de Ordes entenden que se debera retirar ata a aliñación fixada nas normas urbanísticas.

O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, sinala que “o alcalde debería ter negociado coa propiedade da parcela para retrasar dito peche ata a aliñación”.

Vidal insta ao alcalde a “adoptar unha actitude humilde, tomar o camiño dos sabios e rectificar ante a súa negativa a arranxar esta situación irracional”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies