O BNG lémbralle ao Psoe e Son de Teo que non teñen maioría

0

Teo, 3 de xullo do 2019 – Unha vez máis, cando todo parece que está arranxado en Teo, un novo xiro de guión leva a un novo suspense en esta ocasión protagonizado polo BNG.

Os nacionalistas son ademais moi claros e califican a negociación para a conformación dun goberno de “espectáculo lamentable”. O portavoz do BNG, Manuel Anxo Baz, considera que “a suposta negociación viuse reducida a un reparto de salarios” e lembra que sen eles non hai maioría.

Manuel Anxo Baz, esquerda, nunha imaxe de arquivo co Deputado do BNG Xosé Luís Rivas. dereita

Manuel Anxo Baz, esquerda, nunha imaxe de arquivo co Deputado do BNG Xosé Luís Rivas. dereita

Os nacionalistas explican que coñeceron as negociacións e o resultado polos medios de comunicación xa que non recibiron ningunha información directa. Para eles “queda moi claro que realmente o espectáculo lamentable ao que asistimos desde o 27 de maio reducíase a unha cuestión de salarios sen importar realmente as áreas de goberno ou mesmo a conformación dun proxecto de concello”..

Diante desta situación, o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, subliñou que “lamentamos que Son de Teo persista na actitude que mantivo ao longo dos últimos catro anos nos que evitou en todo momento dialogar co BNG, e mais aínda no escenario actual”, e destacou que “non é de recibo esta forma de actuar, pois o BNG non

deu un cheque en branco a Sisto cando o apoiou para a alcaldía, como ben sabe, unicamente cumpriu coa premisa de que non gobernase o Partido Popular”, e engadiu que “as forzas que compoñen o goberno teñen que ser conscientes que non teñen a maioría suficiente para sacar adiante as súas propostas sen dialogar e acordar co BNG”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial