O BNG reclama no Parlamento un Centro de Día para Teo

0

Teo, 20 de decembro do 2016 – O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego  recolle as peticións do BNG de Teo e presentará unha enmenda ao Proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para incluir a construción e posta en funcionamento dun Centro de Día  para a atención dos veciños e veciñas que a precisen e a humanización da AC841

O concello de Teo ten, segundo datos do Instituto Galego de Estatística unha poboación de 18.505 persoas censadas. A poboación real é maior pois existe un número importante de residentes non censados.

Malia a tratarse dun concello cun importante número de posibeis usuarios/as non existe nel ningunha residencia de maiores pública e ningún centro de día para maiores .

No caso concreto de persoas maiores que necesitan a atención nun centro de día teñen que desprazarse fóra de Teo.  E  trátase dun colectivo moi numeroso pois, segundo os datos do IGE correspondentes ao ano 2015 a poboación de Teo de máis de 64 anos é de 3.131 persoas censadas.

Para o BNG trátase dunha cuestión de dereito e de xustiza pois o governo municipal do BNG de Teo na lexislatura 2007-2011 xa tiña dados todos os pasos para ter un centro de día no concello: cesión da parcela á Xunta do governo PSOE-BNG, firma do convenio  correspondente. Proxecto listo. Só faltaba adxudicar a obra. Pero, coa chegada do PP de Feijoo á Xunta, o novo presidente anulou o convenio.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernadez Baz, lembrou que “son moitas as ocasións nas que se ten falado do centro de día no pleno de teo mais hoxe, 19 de decembro de 2016, seguimos sen este servizo básico fundamental de conciliación e de apoio ás familias, de apoio e atención ás persoas maiores, nun concello que nin tan sequera conta cun local social no que poidan xuntarse ou estar”

Esa realidade fai que o BNG inicie no mes de xaneiro unha campaña de sensibilización cos veciños e veciñas para que a enmenda presentada se transforme nunha realidade e non sexa ninguneada polo goberno do Partido Popular. Entre as actividades previstas encóntrase unha campaña de recollida de sinaturas que se estenderá até despois do verán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial