O BNG de Teo reclama arranxos no lugar da Torre

0

Teo, 11 de agosto do 2017 – O BNG de Teo ven de reclamar ao concello que arranxe unha pista  do lugar da Torre en Cacheiras polo seu mal estado e dándose a circunstancia de que por ela transita o Teo Bus.

Según os nacionalistas os veciños veñen denunciando dende hai tempo o deterioro da estrada que enlaza A Torre coa pista paralela á autovía e que comunica co Piro, unha vía que é utilizada polo Teobus no seu recorrido, que esta inzada de fochancas e de pedras que se van desprendendo do firme. A situación xera molestias para a veciñanza e prexuízos para os vehículos, sendo pois un grave problema para a seguridade viaria.

Manuel Anxo Fernández Baz, portavoz do BNG, preguntou no pleno municipal cando se tiña previsto arranxar a pista, ao que o goberno respondeu que esa estrada non é de competencia municipal, aínda que efectivamente o tramo que vai entre as vivendas e para o que se reclama unha solución, si que é.

Fernández Baz explica que “o alcalde ten que facer todo o posíbel para mellorar este tramo nomeadamente se é utilizado polo Teobus todos os días e con independencia de se unha parte é competencia da Xunta, pois o goberno municipal algo terá que dicir pola mellora da seguridade viaria para a veciñanza de Teo”.

O concelleiro do BNG, visitou a Torre e comprobou en persoa o pésimo estado da estrada comprometéndose  a seguir reclamando o arranxo da vía, así como as actuacións precisas para solucionar os problemas de seguridade viaria no concello.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies