O BNG de Teo propón iniciativas veciñais para incorporar aos orzamentos

0

Teo, 11 de xaneiro do 2017 (fonte BNG Teo) – O BNG proporalle ao goberno municipal  16 iniciativas recollidas nos encontros que mantivo con veciñas e veciños do concello durante o pasado mes de decembro para contrastar información e opinións sobre as necesidades das parroquias en materia de infraestruturas.

As propostas aprobadas serán incluídas nos orzamentos de 2017. O resto serán defendidas mediante actuacións que o Bloque levará a cabo nos próximos meses. O obxectivo é conseguir que todas as propostas veciñais poidan ser levadas a cabo.

 

Medidas de seguridade viaria en Ribas (Oza)

Mellora do firme da estrada que vai da Ramallosa a Sestelo (Rarís).

Revisión xeral de beirarrúas en toda a urbanización dos Tilos.

Revisión global da circulación e aparcamento da urbanización dos Tilos.

Colocación de lombas ou pasos de peóns elevados en toda a urbanización dos Tilos.

Cubrir as pistas deportivas nos Tilos

Cubrir a zona de xogos para nenos e nenas na Ramallosa.

Medidas de seguridade viaria de Raxó (Cacheiras) e da Torre á estrada AC-841. Beirarrúas.

Arranxar a pista de Lamas a Pedrouso (Cacheiras) polo interior.

Asfaltar a pista forestal de acceso ao punto limpo, desde a pista que vai de Recesende a Luou.

Asfaltar a pista de Casaldomiro a Vilanova polo interior.

Beirarrúas desde a urbanización de Campos de Mirabel ao centro de saúde de Folgueiras.

Creación dun “camiño seguro” desde a urbanización Campos de Mirabel até o CEIP de Calo.

Mellora do firme da estrada de Cornide a Vilar de Francos.

Continuación das beirarrúas desde o cruce de Calo até Bustelo en Luou.

Medidas para mellorar a seguridade viaria en Augas Mansas.+

Estas son as propostas que Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro e responsábel municipal do BNG de Teo, presentará para seren incluídas nos orzamentos de 2017, máis precisamente na partida de fondos asignados ao concello de Teo no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Muncipal (Plan único de concellos) “POS+2017” da Deputación da Coruña, que se elevan a 1.164.962,80€ .

A partida deste ano é substancialmente superior ás anteriores grazas á política fomentada polo BNG desde a Deputación  para darlle aos concellos máis recursos e polo tanto máis capacidade política.

Co propósito de conseguir que esas propostas sexan atendidas ao longo deste ano, o Bloque ten previsto realizar nos próximos meses diferentes actuacións en colaboración coas veciñas e veciños afectados das que irá informando puntualmente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial