O BNG de Trazo advirte do risco do estado da capela da Santa Eufemia

0

Trazo, 14 de setembro do 2017 – O BNG de Trazo advirte do risco para a veciñanza do estado da capela da Santa Eufemia pola posibilidade de desprendementos.

O BNG explica que xa no último pleno municipal fixeron constar a preocupación polo estado da capela da Santa Eufemia e San Mateo, que amosa un deterioro que pode supor un risco para as persoas que entren na mesma.

Este deterioro pode apreciarse desde o exterior, onde nalgunha zonas o tellado xa cedeu polo menos uns 10cm con respecto ao seu nivel normal, o que, se non se toman medidas, pode levar á caída do tellado, que ademais do dano ao patrimonio xera un risco para a xente que visite a capela.

Según o BNG a pesares da gravidade do asunto “o goberno do PP crúzase de brazos e manifestaron a súa intención de non facer absolutamente nada, segundo lle respondeu o alcalde: ese non é o seu problema”.

O edil do BNG manifesta tamén que “o goberno local ten potestade para esixir a restauración da mesma ou precintar o acceso a ata que cumpra con todas as garantías de saúde, mais coma sempre dedícanse a botar balóns fóra para seguir cobrando sen mover un dedo”.

O BNG mostra a súa preocupación ante a celebración da Santa Eufemia o vindeiro 16 e o San Mateo o día 21e polo que poida suceder en ditas celebracións.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies