займ срочно

O BNG de Vedra alerta nunha “carta aberta” da despoboación do concello

0

[columns]
[column size=”2/3″]O BNG Asembleas Abertas de Vedra envía unha “Carta aberta ao Alcalde” e a todos os veciños e veciñas denunciando a ausencia de medidas para frear a perda de habitantes no concello[/column]
[column size=”1/3″]Fonte: BNG Vedra[/column]
[/columns]

Vedra, 16 de novembro do 2016 – O BNG Asembleas Abertas de Vedra vén de denunciar, nunha carta aberta remitida ao alcalde e a todos os veciños e veciñas, a perda de habitantes por debaixo dos 5.000, a ausencia de políticas para evitar esta caída e as consecuencias que isto terá, desde unha redución dos ingresos que percibe o concello até a diminución do número de concelleiros/as.

A denuncia do BNG-Asembleas Abertas de Vedra prodúcese logo de que o alcalde remitira unha comunicación aos veciños e veciñas alertando desta situación e pedindo axuda para evitar que se faga efectivo, no cómputo anual de habitantes do padrón municipal –que se realiza todos os anos a mes de decembro-.

Así, na carta lembran que desde 2007 o BNG-A.A leva intentando activar políticas municipais de carácter estrutural, que eviten a perda de veciños. “Desde que vostede goberna, intentámolo desesperadamente” afirman e engaden que era tan previsible o desenlace, que semella “que é unha opción política en si mesma”.

Neste sentido o BNG-A.A entende que baixar dos 5000 habitantes facilitaralle ao PP sucesivas maiorías absolutas, por dous motivos: o primeiro que manterá a proporción de votantes, xa que os que marchan son os outros e porque desaparecerán dous concelleiros/as, “precisamente os que saen con menos votos (polo tanto, non serán das listas do PP), polo que porcentualmente, incrementará a súa maioría absoluta no pleno”.

Perda de 100.000 €

Con todo, para o BNG-AA o máis preocupante desta perda de habitantes é a consecuente perda de 100.000 € e xa que logo as maiores dificultades económicas que terá o concello para manter servizos como o de madrugadores nos colexios ou a gardería.

Por iso acusa o alcalde de “dunha maneira consciente ou inconsciente”, desincentivar a fixación de poboación nativa e “espantar” o establecemento de novos veciños.

Para demostralo, o BNG-AA lembra que desde que gañou a alcaldía “négase sistematicamente a modificar o PXOM”, o que dificulta reestruturar os núcleos; considera “demagoxia” fomentar o transporte público como fan outros concellos da contorna;  negouse en redondo a reducir o importe do IBI, e só aceptou a proposta do BNG coa condición de a aprobaran en Madrid; negouse a aprobar un plan de recollida de lixo que propuña baixar a taxa a aquelas familias que demostraran que compostaban ou a aprobar un plan de autosuficiencia enerxética apostando por enerxías alternativas, entre outras.

O BNG-Asembleas Abertas convida por último ao alcalde a revisar os tres últimos programas do BNG, que si contemplaban propostas para evitar a caída poboacional se quere adoptar medidas reais e anuncia que non colaborará nun paripé do que o Partido Popular e nomeadamente o seu alcalde é responsábel.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies