займ срочно

O BNG de Vedra e Veciñ@s de Boqueixón reclaman o mantemento do servizo de Correos nos concellos

0

Vedra/Boqueixón, 10 de marzo do 2017 – Os grupos municipais do BNG de Vedra e Veciñ@s de Boqueixón, presentaron o pasado mércores unha moción co fin de que se defendan os servizos de Correos nos dous Concellos.

Os grupos piden asi mesmo que se camiñe cara unha colaboración entre os dous concellos á hora de poder mellorar este servizo, un servizo que foi perdendo servizos e calidade nos últimos anos.

Situación actual

A moción tenta buscar solución ao recente anuncio de Correos, onde se comunicou a determinación de pechar as oficinas de Boqueixón e Vedra, mantendo unicamente un servizo de atención ao público reducido de mañá (media hora), e trasladando a maioría de servizos a Compostela, cunha redución do horario efectivo d@s carteir@s e servizos, o que redunda

nunha perda da calidade do servizo, co agravante de que estes servizos se viron xa reducidos nos últimos anos (redución de carteir@s e redución de moitos dos servizos que Correos que non se prestan nestas dúas oficinas).

Acordos solicitados na Moción.

En primeiro lugar na moción solicítase o mantemento das oficinas de Correos de Boqueixón e Vedra, cos mesmos horarios de atención ao público que manteñen na actualidade, instando á recuperación dun carteiro en Boqueixón que conta cun menos dende fai dous anos e medio.

En segundo lugar ínstase aos dous Alcaldes a que cooperadamente con Correos busquen a creación dunha “Oficina Técnica” que atenda aos dous concellos, de maneira que se recuperen os servizos que ao longo dos últimos anos foron perdendo as oficinas de ambos concellos.

Tamén, deste xeito se daría un servizo efectivo aos peregrinos, potenciando de maneira efectiva a Vía da Prata, establecendo un punto técnico intermedio entre Silleda e Compostela.

Cunha cesión de local a Correos e cunha poboación de perto de 10.000 habitantes, correos non tería argumentos para non atender esta demanda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies