займ срочно

Boa acollida da primeira visita teatralizada en Ponte Ledesma

0

Vila de Cruces, 11 de marzo do 2019 – Medio cento de persoas participaron na primeira das dúas visitas teatralizadas a Ponte Ledesma. A iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos Concellos de Boqueixón e Vila de Cruces, rexistrou grande éxito entre o público.

O punto de encontro foi o Campo da Feira de Ponte Ledesma. Alí aparecen o capitán do exército de Trasdeza, encarnado polo actor Suso Martínez, e un oficial napoleónico, representado por Benito Martínez. Ambos os dous levaron ás persoas asistentes nunha viaxe ás batallas napoleónicas que se desenvolveron neste histórico enclave.

O percorrido realizouse polo Campo da Feira, a propia Ponte Ledesma e, finalmente, polas Illas de Gres. Dun xeito lúdico e didáctico, os dous actores explicaron como se librou aquela batalla en 1809 entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Benito Martínez. Unha loita coa que se logrou conter temporalmente o avance do exército francés grazas ao apoio da xente da zona que batallou armada con trabucos e apeiros de labranza.

Próxima visita, o 17 de marzo

As persoas interesadas en participar nestas visitas teatralizadas gratuítas aínda teñen a oportunidade de facelo. O seguinte pase será o vindeiro domingo 17 de marzo ás 12.00 horas. Para participar, deberán inscribirse ben no Concello de Boqueixón (no teléfono 981 513 061 ou no e-mail boqueixonturismo@gmail.com), ben no de Vila de Cruces (chamando ao 986 582 017 ou enviando un correo electrónico a concellodeviladecruces@gmail.com). O período para inscribirse á actividade conclúe o venres 15 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies