займ срочно

Boa semana para o Santiago Rugby cunha vitoria e dúas xogadoras convocadas pola selección sénior

0

Compostela, 14 de novembro do 2018 – Bos tempos para o Santiago rugby que, tras gañar na fin de semana, ven de recibir da selección senior a convocatoria de dúas das súas xogadoras.

Vitoria e punto extra

O Santiago Rugby Club impúxose ante o Barbanza nun partido duro. O resultado de 19 a 30 engade ademais un punto extra ofensivo aos de Compostela. O adestrador destacaba o traballo en equipo que os leva a continuar mellorando a falta dun encontro para rematar a primeira volta. O seguinte encontro ante o Muralla de Lugo que leva unha liña similar de melloría e que ven de incorporar novos xogadores polo que se presume un partido difícil.

O equipo femenino nutre a selección

Na semana de descanso o equipo feminino do SRC, mentres prepara o seguinte partido contra o Ourense, recibe a noticia de que Teresa Galvez Estevez y Antía Piñeiro Devesa están convocadas pola selección sénior feminina de Rugby XV que se celebrará o próximo sábado en Acea da Má.
O Club expresa o seu orgullo xa que o traballo realizado desde a tempada pasada fai que a presenza de xogadores compostelás na seleccións non sexa xa unha novidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies