займ срочно

Máis de 20.000 persoas na 37º Festa da Filloa de Lestedo

0

Boqueixón, 2 de marzo do 2020 – Máis de 20.000 persoas desfrutaron da celebración da XXXVII Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico de Galicia.

O Concello de Boqueixón, a Asociación da Filloa e veciñanza da parroquia boqueixanesa envorcaronse na organización da cita na que se combina a proposta gastronómica coa tradición do Entroido dos xenerais da Ulla, tamén declarado de Interese Turístico de Galicia.

Máis de 20.000 persoas na 37º Festa da Filloa de LestedoA media mañá, no campo da festa comezaron a degustarse as Filloas de Lestedo, soas ou tamén con acompañamentos como chourizos, touciño entrefebrado, roxóns e, para quen opte polo doce, con mel, nata ou crema. A máquina filloeira traballou ao máximo para ofrecer ata 1.600 filloas por hora para cubrir a demanda que deste produto hai ao longo da xornada festiva.

As 12.00 horas, a XXXVII Festa da Filloa de Lestedo celeboru a tradicional Parranda de Entroido no Campo da Feira. Media hora tivo lugar o V Gran Desfile de Xenerais da Ulla, no que participaron varias ducias de xenerais, correos e soldados ataviados con traxes da época procedentes de distintos municipios da bisbarra compostelá. O seu percorrido comezou no Hotel Vía da Prata e rematou no recinto da festa.

Máis de 20.000 persoas na 37º Festa da Filloa de LestedoXa ás 13.30 horas, o xornalista Pablo Portabales pronunciou o pregón da Festa da Filloa de Lestedo. O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu este acto, que presentou, como en anteriores ocasións, a actriz María Mera. O rexedor de Boqueixón destacou na súa intervención que esta é “unha festa moi ligada a promoción da cultura e das tradicións galegas, que interesaría máis alá das nosas fronteiras porque enxalza un produto que é un signo de identidade dos galegos”.

Posteriormente, o alcalde e o delegado territorial da Xunta impuxeron os Mandís de Honra ao pregoeiro, a Lucinda Sousa Mejuto, veciña de Lestedo e filloeira pioneira desta festa, e a Jose Luís Pérez Sánchez, veciño e empresario de Lestedo.

Ás 17.30 horas foi a quenda dos Xenerais da Ulla, que protagonizaron o seu tradicional atranque no campo da festa. Un total de oito xenerais fixeron gala do bo humor e a sorna deste entroido tradicional mediante estrofas rimadas que abordan dende a política, o deporte a calquera tema da actualidade xeral e local.  

Máis de 20.000 persoas na 37º Festa da Filloa de LestedoActuacións musicais

A música estivo presente durante toda a xornada festiva da man dos grupos e charangas Parranda de Entroido, Pirilampo-Estralampo e Luz do Ilicino. O prato forte chegou dan man das orquestras Gran Parada e París de Noia, que comezaron os seus pases musicais ás 18.30 horas e que duraron ata medianoite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies