Ponte Ledesma acollerá o 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada

0

Boqueixón, 31 de xullo do 2019 – O Campo do Río de Ponte Ledesma acollerá o vindeiro venres 9 de agosto unha nova edición da Noite Velada.

A Noite Velada é unha iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, que pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas.

Noite Velada en Ponte Ledesma

Imaxe da ponte na edición do 2017

Un ambiente máxico que se recreará a partires das 21.30 horas. A Noite estará amenizada polas actuacións de Estralampo, Luz do Ilicinio, Muxicas da Silveira e Manoele de Felisa. As persoas que acudan a esta cita disporán tamén de diversos postos de comida e bebida nos que aproveitar para gozar dunha cea acompañada por distintos ritmos musicais.

Á luz das centos de candeas que iluminarán a histórica ponte, a Noite Velada concluirá cunha representación do conxuro da queimada e unha degustación de balde para todas as persoas asistentes.

A actividade é totalmente gratuíta. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e visitantes a participar nesta Noite Velada, que agardan conte con centos de asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial